Saltar ao contido principal

Nova nota AGDSP fin dedicacion exclusiva persoal medico

 Nova nota AGDSP fin dedicacion exclusiva persoal medico

manuel martin

mar, 31 ene, 13:36 (hace 1 día)
para bcc: 

As mobilizacións sociais en Defensa da Atención Primaria e da Sanidade Pública están a ser aproveitadas por algúns sindicatos corporativos para incrementar a privatización:

1.      Co apoio dalgúns colexios profesionais, negociaron coa Xunta de Galicia poder compatibilizar o traballo na sanidade publica e privada, o que supón un incumprimento flagrante da  lei de Incompatibilidades  que impide por un lado cobrar dous salarios da administración pública (os hospitais concertados teñen a consideración de administración pública a efectos desta lei), e polo outro atender a pacientes na privada da mesma área onde se exerce a actividade do Sergas .

2.      O acordo permitirá traballar nun hospital publico e noutro concertado da mesma área, aínda que para salvar a cara di que non poderán intervir nos lotes de servizos concertados, algo imposible de controlar.

3.      Isto non impedirá realizar as tretas habituais de reducir actividade no seu servizo para incrementar a  listas de espera de patoloxías que logo se concertan con centros privados.

4.      Mentres o Sergas non permite abrir os hospitais públicos pola tarde para aliviar as listas de espera, empuxa aos seus profesionais a traballar nese mesmo horario nos centros concertados.

5.      Esta medida proporciona man de obra barata aos Hospitais Privados que poderán realizar contratos parciais ao persoal médico para traballar pola tarde. A patronal de hospitais privados recoñeceu hai pouco que necesitaba mais de 1.200 médicos/as para  poder atender aos cada vez mais cantidade de pacientes que se derivan desde a pública.

6.      Isto prexudicara ao sistema sanitario público que deberá pagar mais ao sistema privado;  á poboación que soportara mais listas de espera na pública, que é do que viven os hospitais concertados, e que será derivada  ao centro concertado, moitas veces en contra da súa vontade

7.       Tamén prexudicará aos propios profesionais, dado que os baixos salarios na pública só se compensará coas horas extras en centros privados.

8.       Os sindicatos corporativos e colexios profesionais pretenden suprimir o complemento que premia a dedicación exclusiva ao sistema público estendéndoo a quen teña dobre dedicación. Isto supoñerá  que os médicos menos implicados coa sanidade pública absorberán os millón de euros de subida salarial,  tanto os 900 euros mensuais do complemento de exclusividade como os cartos do concertos coa privada.  O resto do persoal seguirá percibindo os mesmos baixos soldos actuais.

Non  nos deixemos enganar mais, estes sindicatos e Colexios Medicos non son os nosos aliados, teñen intereses contrarios aos da poboación e da gran maioría dos médicos, implicados coa Sanidade Publica 

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

image.png