MANIFESTO EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA E DO SISTEMA SANITARIO PÚBLICO EN GALICIA. Manifestación en Compostela, o 12 de febreiro do 2023, as 12 dende a Alameda
MANIFESTO EN DEFENSA DA ATENCIÓN PRIMARIA E DO SISTEMA SANITARIO
PÚBLICO EN GALICIA.
Manifestación en Compostela, o 12 de febreiro do 2023, as 12 dende a Alameda
de Compostela ata a Praza do Obradoiro.
Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, damos as grazas a toda a xente
que hoxe nos acompaña na Praza do Obradoiro, para dicirlle o PP de Feijoo e de Rueda, como
está a Sanidade Real no País. Antes da pandemia da Covid-19, a Atención Primaria xa
atravesaba unha profunda crise estrutural, con déficit importante de profesionais, debido
entre outras causas a non renovación das xubilacións, das baixas e vacacións, provocando ás
demoras e masificación na asistencia...pero todo elo: como consecuencia dos recortes nos
orzamentos, aplicados polos sucesivos gobernos do Partido Popular.
Na actualidade, esta situación de deterioro da Atención Primaria Galega, está
alcanzando un punto de inflexión que pode ser irreversible. Continúan os problemas de
acceso á asistencia sanitaria, coa hexemonía da consulta telefónica, listas de agarda
inaceptables, ausencia de Médicxs e de Pediatras nos Centros de Saúde, e peches das
urxencias extrahospitalarias (PACs).
A Consellaría de Sanidade e o SERGAS, lonxe de adoptar medidas para recuperar os
Centros de Saúde, aproboban para este ano uns orzamentos que manteñen un financiamento
do 14% do gasto sanitario, que supón a metade do 25% necesario (según propón a OMS), e
continúa sen poñer en marcha o Plan extraordinario e urxente, necesario para solucionar a
falta de persoal sanitario, principal responsable do problema. A Consellaría de Sanidade,
propón unicamente uns cambios ínfimos e ridículos na historia clínica ou na remuneración do
persoal, que soporta unha situación de desmantelamento e masificación intolerable, pola
política sanitaria do PP, e de aqueles que cando gobernan, colócanse ao servizo do capital e
das privatizacións. E o de botarlle a culpa o Goberno Central, xa non cola!
As barreiras de acceso á Atención Primaria, favorecen a privatización, coa
correspondente fuxida das persoas con maior capacidade económica aos seguros privados (na
actualidade xa supón un 20% da poboación) e a desprotección das persoas con menos
recursos, e como consecuencia, un aumento das desigualdades.
Esta situación de masificación das consultas, xunto cas demoras na atención aos
doentes, tanto para as primeiras consultas, como para as probas diagnósticas e as
intervencións cirúrxicas, teñen consecuencias moi negativas na calidade da atención que
reciben ás e ós cidadáns, entre elas o atraso no diagnóstico de múltiples patoloxías. A non
atención en AP, provoca o colapso das urxencias hospitalarias. Os últimos informes do
Ministerio de Sanidade, reflicten un incremento da mortalidade evitable, non explicable pola
Pandemia da Covid. E nós lles dicimos que “os recortes na Sanidade Pública matan”.
Os principais riscos asociados a esta situación, son, que a poboación se adapte a unha
Atención Primaria Pública de ínfima calidade e algúns, contratarán uns seguros privados
enganosos e lixo (que xa soportan tamén, listas de agarda, recortes de probas e intervencións
cirúrxicas) e que o persoal sanitario, farto da precariedade, dos baixos salarios, da presión
asistencial excesiva e consultas masificadas, acabe queimado e escapando da Atención
Primaria. Todo ísto, suporá o fin dun Modelo de Atención, que, con algúns problemas,
garantía unha asistencia sanitaria universal, accesible, equitativa e de calidade a toda a
poboación galega. Esta degradación da sanidade pública é unha estratexia deliberada para
beneficiar os intereses dos fondos de inversión privados, a costa de suprimirlle un dereito
básico á clase traballadora.
Un exemplo claro do que supón a privatización da sanidade, témola nun servizo básico
e fundamental coma é o transporte sanitario, tanto urxente coma non urxente. Un
transporte sanitario, que fai tempo que debía estar rescatado pola administración. As
empresas contratadas polo SERGAS, engordan os seus beneficios, e siguen maltratando ós e ás
técnicxs de emerxencias sanitarias das ambulancias, e incumprindo co servizo.
A deterioración na Atención Primaria, fai que se incrementen as demoras na Atención
Hospitalaria; así, hoxe temos esperas para unha primeira consulta co/a especialista entre 6-12
meses, así como demoras de máis dun ano en probas diagnósticas ou intervencións cirúrxicas.
Por moito que mintan unha e outra vez dende o SERGAS, dicindo unhas cifras que non se
corresponden ca Sanidade Real.
Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, precisamos un cambio
necesario da política sanitaria da Xunta, que poña en marcha medidas extraordinarias e
urxentes e é polo que esiximos ao SERGAS e o Goberno Galego, o seguinte:
Un Plan Extraordinario e Urxente de medidas, para afrontar a crise e o
desmantelamento actual da Atención Primaria e do Sistema Sanitario Público en Galicia.
O debate e aprobación, polo Parlamento Galego, das propostas da Iniciativa Lexislativa
Popular que presentamos dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia.
O incremento do orzamento sanitario e do gasto en Atención Primaria ata alcanzar o
25% do total como dí a OMS. A volta das Xerencias de Atención Primaria ás diferentes
Áreas Sanitarias, así como a recuperación das excluídas por parte do PP. Por en marcha
o Consello de Saúde de Área Sanitaria e o Consello de Saúde de Galicia, para dar
participación á cidadanía na toma de decisións no eido sanitario.
A recuperación das prazas recortadas, dotando de persoal aos Centros de Saúde, PACs e
prazas hospitalarias desmanteladas.
Un incremento significativo de tódalas categorías profesionais dos Centros de Saúde:
Psicólogxs Clínicxs, Logopedas, Fisioterapeutas, Terapeutas Ocupacionais, etc. ca
finalidade de dar unha Atención Integral nos Centros de Saúde.
Poñer en práctica unha Políticas de Persoal, que favoreza a estabilidade laboral en lugar
de contratacións por horas, días ou semáns.
Poñer en marcha os Plans Locais de Saúde, dirixidos aos principais problemas e
necesidades sanitarios da poboación e avaliar a consecución dos obxectivos no nivel de
saúde.
Un plan para utilizar plenamente os recursos hospitalarios, para rematar cas demoras
nas consultas hospitalarias, nas probas diagnosticas e nas intervencións cirúrxicas.
A comunidade xorda ten problemas de acceso. Solicitamos converter o espazo sanitario
galego nun espazo accesible mediante intérpretes de língua de signos nos Hospitais as
24 horas dos 365 días, como un dereito á saúde irrenunciable.
Poñer en marcha as medidas adoptadas no Consello Técnico de Atención Primaria de
Galicia e darlle continuidade como Mesa de Negociación, para elaborar o Novo Modelo
de AP de Galicia. As 15 Comisións Técnicas teñen as súas conclusións dende fai 2 anos e
o PP debe poñelas en marcha.
Que o Goberno galego exixa a derogación da lei 15/97 por ter suposto a legalización do
asalto do capital á sanidade pública.
Pedir o cesamento inmediato dxs responsables políticos desta grave situación.
A Xunta de Galicia do Sr. Alberto Nuñez Feijoo é actualmente do Sr. Alfonso Rueda
Valenzuela, é a única responsable do deterioro e desmantelamento da Atención Primaria en
beneficio da sanidade privada.
A plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, tras o traballo que están a realizar as
Plataformas en Defensa da Sanidade Pública nos ámbitos locais, agradecemos a toda a
poboación, a que está aquí e a que apoiou a ILP, e emprazamos o goberno do PP a unha
negociación real. O lema desta manifestación Multitudinaria, é “En Defensa da Atención
Primaria e do Sistema Sanitario Público Galego”. Fagamos que a partir de hoxe, podamos
reverter esta situación.
Chamamos a toda a poboación a manter as mobilizacións de protesta pola
situación de deterioro sanitario; a realizar pronunciamentos institucionais...e apoiar todalas
iniciativas da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, que tenten mellorar o Sistema
Sanitario Público en Galicia.
É necesario recuperar o recortado polo PP e introducir medidas de mellora, mediante a
aprobación dun Novo Modelo de Atención Primaria, acordado coa participación da
poboación e o persoal que traballa nos Centros de Saúde.
Grazas a todos e a todas. Ánimo e senpre adiante!