Saltar ao contido principal

Actos lembranza das Vítimas do Holocausto en Ferrol e Narón.

 Álbuns Fotos: Actos lembranza das Vítimas do Holocausto en Ferrol e Narón.

Recibidos

Memoria Histórica Democrática

sáb, 28 ene, 13:34 (hace 4 días)
para Asociación, bcc: 

ÁLBUM: https://drive.google.com/drive/folders/1LYgfZelbmUnLv4Km8V9aaLH2pY-OME0g?usp=share_link

Hoxe 27 de Janeiro, DÍA MUNDIAL EN LEBRAMZA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO a nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática estivo presente no

ACTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE FERROL

celebrado na Sala de Cureñas do Castelo de San Felipe, coa asistencia do alumnado do IES Sofía Casanova.

Logo da interesante conferencia do catedrático e escritor José Antonio Ponte Far e a magnífica interpretación musical da profesora Julia María Dopico Vale, intervíu en representación do Alcalde a Concelleira de Patrimonio e Memoria Histórica Eva Martínez.

Prenderon as seis candeas representativas dos distintos colectivos represaliados, seis alumnas e alumnos do citado Instituto.

Proxectouse un emocionante fragmento do film “La vida es bella” de Roberto Benigni.

Fotografías :  Protocolo, Concello de Ferrol

 

ÁLBUM FOTOGRÁFICO (https://drive.google.com/drive/folders/1ACxzoKeYSojsSJMZQBaiIruPLaiqxQfa?usp=share_link

 

Hoxe 27 de Janeiro, DÍA MUNDIAL EN LEBRANCA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO a nosa Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática estivo presente no

ACTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE NARÓN

No Salón de Plenos do Concello celebrouse o acto de prender lume ás candeas, por parte de alumnas e alumnos do CPI O Feal dando una explicación desta conmemoración o profesor e historiador Entique Barrera Beitia, Secretario da nosa Asociación. Intervíu, en nome do Concello a concelleira de Cultura Olga Ameneiro e formaron parte do evento ás interpretacións musicais da Asociación cultural Sementeira.

Con anterioridade o alumnado deste Centro realizou unha visita guiada polo citado profesor á Exposición fotográfica “Galegos en Mauthausen”, mostra que se pode visitar na sala de exposicións da Biblioteca Municipal de Narón ate o 4 de Febreiro.

O pasado xoves o Profesor Enrique Barrera e outras persoas da nosa Asociación deron una charla coloquio no citado Centro de Ensino.

Fotos de Isabel Ares.