Saltar ao contido principal

Sábado día 7 de xaneiro ás 12,15 h. no Teatro Jofre

 Dende a A.C. Fuco Buxán convidámosvos a participar no acto institucional

de San Xiao 2023, organizado polo Concello de Ferrol, que terá lugar o

vindeiro sábado día 7 de xaneiro ás 12,15 h. no Teatro Jofre. Neste acto

recibirá a Insignia de Ouro o noso compañeiro de directiva e socio fundador

Rafael Pillado pola súa labor como ‘político e histórico dirixente sindical,

referente da loita pola defensa dos dereitos da clase obreira’.

Aproveitamos para mostrar, tamén publicamente, o noso recoñecemento e

felicitación ao resto de galardoados* pola súa contribución a prol do Concello

de Ferrol.

A entrada é de balde e as invitacións estarán a disposición do público nas

taquillas do Teatro Jofre a partir do martes día 3 nos horarios habituais

(mañás de 11,00 a 13,00 e tardes de 18,00 a 20,00).


*C.E.I.P. A Laxe de Valón, C.P.R. Jesús Maestro, Asociación de Persoas Xordas de

Ferrolterra, Abeconsa Basketmi e Jesús López Romalde, como ferrolán do ano 2022.