DOMINGO 18: OFRENDA FLORAL EN CEDEIRA
O Concello de Cedeira e a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, convidan a cidadanía á celebración, o vindeiro Domingo 18 de Decembro, dunha ofrenda floral ás vítimas da Ditadura, ás 12 horas, na Praza 18 de Decembro, de CEDEIRA.
Cumprese nesa data o 86º aniversario do asesinato, no Castelo de San Felipe de Ferrol, de 13 veciños de Cedeira (entre eles o Alcalde e varios membros da Corporación) , máis un de Cabanas, acusados polos golpistas de “rebelión militar” pola súa defensa da legalidade republicana e das ideas de progreso.