Saltar ao contido principal

Os países en desenvolvemento piden máis ambición climática na COP27...1er Documento..NOS DIARIO.GAL


 Malia que estaba previsto que hoxe rematara a COP27, a conferencia sobre o cambio climático da Organización das Nacións Unidas (ONU) que está a decorrer en Sharm El-Sheikh, Exipto, as negociacións seguen estancadas tras a presentación esta quinta feira do primeiro documento marco, no que se basean as negociadoras e negociadores para tratar de chegar a unha resolución definitiva, segundo recoñeceu o ministro de Exteriores exipcio e presidente da cimeira, Sameh Shoukry.

A pesar das advertencias da comunidade científica, que salientou nun estudo do Programa de Medio Ambiente da ONU que coas políticas actuais a temperatura ao final do século aumentará entre 2,4ºC e 2,8ºC con respecto á era preindustrial -un grao máis que o compromiso na COP21 en 2015, que fixaba en 1,5ºC o quecemento para evitar transformacións climáticas irreversíbeis-, as propostas continúan a estar moi afastadas das demandas dos expertos.

Nunha COP con máis de 600 persoas de grupos de presión do sector dos combustíbeis fósiles, as partes que loitan por alcanzar progresos deben rexeitar que se debilite a linguaxe que permitiría á industria continuar coa súa expansión mortal”, apuntou Collin Rees, encargado de campañas de Oil Change International.

A proposta inicial foi criticada polos territorios en desenvolvemento, sosteñen medios internacionais, que exixen máis ambición no documento final tras sufrir as maiores consecuencias até o de agora do quecemento global emitindo unha porcentaxe mínima dos gases de efecto invernadoiro que xeraron esta situación.

No documento a debate reitérase o compromiso da COP26 de “acelerar as medidas cara á redución gradual da enerxía procedente do carbón”, lonxe da proposta da India, apoiada polos países en vías de desenvolvemento, de incluír nesta diminución o petróleo e o gas natural.

Nunha COP con máis de 600 persoas de grupos de presión do sector dos combustíbeis fósiles, as partes que loitan por alcanzar progresos deben rexeitar que se debilite a linguaxe que permitiría á industria continuar coa súa expansión mortal”, apuntou Collin Rees, encargado de campañas de Oil Change International.

A proposta inicial foi criticada polos territorios en desenvolvemento, sosteñen medios internacionais, que exixen máis ambición no documento final tras sufrir as maiores consecuencias até o de agora do quecemento global emitindo unha porcentaxe mínima dos gases de efecto invernadoiro que xeraron esta situación.

Arredor desta cuestión, o documento tampouco avanza na principal reclamación deste grupo de países, e que centrou os debates na COP27, a creación dun fondo para paliar os danos que o cambio climático está a provocar. “De non pórnos de acordo sobre perdas e danos creo que esta COP non terá éxito”, subliñou Nabeel Munir, diplomático de Paquistán e principal negociador deste grupo.

Este punto xa foi bloqueado na COP26 polos países máis desenvoltos, principalmente os Estados Unidos e a Unión Europea, polo temor a que un fondo específico os expoña a ter que asumir a responsabilidade pola súa contribución histórica ao quecemento global.