| mié, 16 nov, 21:08 (hace 18 horas) | |||
A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, quere mostrar o seu máis firme rexeitamento ao anuncio da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés de que “ante a falta de persoal médico, a poboación deberá habituarse a recibir asistencia únicamente polo persoal de enfermaría e administrativo, particularmente nos Puntos de Atención Continuada (PAC).
Dende a AGDSP, queremos manifestar o seguinte:
1º.- Esta medida, pon en risco a saúde da poboación e a calidade da asistencia, dado que este paso inútil atrasará a atención dos casos graves que precisan de atención inmediata. O único sitio para recibir asistencia médica será nas Urxencias Hospitalarias, cada vez máis saturadas.
2º.- Pon en grave risco xurídico, de posibles demandas ao persoal de enfermaría, que carece de formación para realizar exploracións, diagnósticos ou tratamento de enfermidades.
3º.- O persoal de enfermaría, ten unha magnífica formación para prestar coidados de saúde e desenvolver as técnicas propias da súa profesión.
4º.- Mostra a intencionalidade da Xunta de Galicia de ir desmantelando a Atención Primaria. O longo destes anos, pecháronse consultas, Centros de Saúde Periféricos e PACs; agora tócalle o turno ao persoal médico e a medio prazo a enfermaría. Pretenden que as urxencias de Atención Primaria sexan atendidas polo persoal administrativo ?
5º.- En lugar de desenvolver as propostas presentadas polo Consello Técnico de AP de Galicia, polas organizacións de profesionais da AP e outras entidades, para crear o Novo Modelo de AP, a Xunta quere aplicar en Galicia as estratexias semellantes as desenvolvidas polas ONGs en países sen recursos.
6º.- A Xunta de Galicia quere desmantelar e privatizar os Centros de Saúde facendo que “funcionen” sen persoal médico.