Nota AGDSP descalificacions e mentiras Conselleiro Sanidade
| vie, 25 nov, 11:02 (hace 4 días) | |||
Nota de Prensa
Diante das declaracións impresentables do Conselleiro de Sanidade, contra a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia señalando ao seu Voceiro: “El conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, ha acusado al BNG de "tener interés político" en que no se cubran las plazas vacantes de médicos de familia o pediatras... ha insistido en que el déficit de médicos es un problema que deriva del "Gobierno de España, que tiene la competencia para la acreditación" de los médicos y, aunque ha mostrado su "respeto" a las personas que hacen sus reclamaciones, ha cuestionado al portavoz de la --dijo-- "autodenominada" plataforma SOS Sanidade Pública, Manuel Martín, al que el BNG "se abraza" en todas las manifestaciones , desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP), manifestar o seguinte:
1º.- Consideramos indigno dun Conselleiro, realizar ataques persoais ao portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia por exercer o seu lexítimo dereito á protesta social por unha situación sanitaria inaceptable da que él é o máximo responsable.
2º.- A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia non é unha “autodenominada organización” senón unha Rede de Organizacións, sociais, sindicais e políticas, que leva anos loitando conxuntamente na Defensa da Sanidade Pública e da Atención Primaria, recortada e ao bordo do desmantelamento polas políticas da Xunta de Galicia do PP.
3º.- Queremos lembrar ao señor Conselleiro que ésta, cualificada despectivamente de “autodenominada plataforma” forma parte do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia creado pola Consellaría de Sanidade, onde participou activamente na elaboración de propostas para crear un Novo Modelo de AP de maneira consensuada coas organizacións deste nivel asistencial (con pouco éxito, todo hai que dicilo, dada a cerrazón do SERGAS e que ten as conclusións nun caixón dende fai 2 anos...e que podería ter eleborado o novo Modelo de AP si seguise as directrices do C.T.)
4º.- É inaceptable, que o responsable da sanidade galega, ataque ao BNG e ao PSOE, que forman parte do Parlamento de Galicia, por exercer o seu labor de oposición á política de desmantelamento sanitario da Xunta do PP. A protesta é un dereito constitucional que exercemos os quen participamos nesta alianza. En SOS Sanidade Pública abrazámonos para manifestar o nosa lealdade mutua e o noso compromiso na defensa do dereito á saúde da poboación.
5º.- Queremos lembrar ao señor Conselleiro (5º dende que o PP goberna...) que a responsabilidade da situación da sanidade pública galega é competencia exclusiva da Xunta de Galicia gobernada con maioría absoluta polo Partido Popular dende fai 14 anos.
6º.- Desde a AGDSP reiteramos a esixencia dun cambio na política sanitaria da Xunta de Galicia e a posta en marcha dun plan extraordinario e urxente para afrontar a gran crise que afecta á Sanidade Pública e á Atención Primaria Galega.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP).