MÚSICA E SOLIDARIEDADE COAS VÍTIMAS E PROTAGONISTAS DO DEZ DE MARZO ÁLBUM FOTOGRAFICO (Fotos Concello de Ferrol): https://drive.google.com/.../1ID3CwNgN08wQ1MkCIP67ZA2ycRj...
Dez De Marzo Cincuenta Aniversario está con Memoria Histórica Democrática y 2 personas más.
MÚSICA E SOLIDARIEDADE COAS VÍTIMAS E PROTAGONISTAS DO DEZ DE MARZO
ÁLBUM FOTOGRAFICO (Fotos Concello de Ferrol):
Dos moitos actos celebrados neste 50º Aniversario, foi o de onte, o organizado polo Concello de Ferrol, no Auditorio, un dos máis importantes e entrañables para as nosas Asociacións, colaboradoras, Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, principalmente polas persoas as que ía dedicado e tamén pola calidade, en todos os sentidos, das intervencións.
Agradecementos, en primeiro lugar, aos protagonistas que poideron vir, a Sari Alabau pola súa emotiva intervención en Nome das persoas protagonistas, a Raúl Pillado que lembrou aos que xa non están e a todas as vítimas do amianto, cantándonos con emoción, súa e nosa, “me matan si no trabajo y si trabajo me matan”.
As numerosas persoas que nos acompañaron e as que non poideron vir.
A Cristina Mariño pola súa maxistral e sentida interpretación do precioso poema “Una loita de amor” de Mamuchi Riot.
Disfrutamos do video poema “Dias Negros” de Ramiro Fonte, a visión do Dez de Marzo desde os ollos dun escolar. Tamén vimos e escoitamos un vídeo fragmento da peza sinfónica FERROL 1972, agasallo do compositor Juan Durán, interpretada por Hérculos Bras e acompañamento.
A intervención en nome das dúas Asociacións do profesor e historiador José Gómez Alén que resumíu en breves pero acertadas palabras todo o que vimos realizando neste 2022 e introduxo a documental, na que poidemos ver e escoitar a Julio Aneiros, Paco Balón, Angelita Fernández Dopico, Antón Martínez Aneiros, aos que tan pronto se foron, vítimas do amianto: Manolo Amor e Xosé María Ribó.
Á presentadora, a periodista Rebeca Collado, para quen facemos nosas as verbas de hoxe de Rafael Pillado, tamén presente no acto: “A presentación de Rebeca pareceume magnífica. Polo seu temple, seguridade, convicción. Tamén por esa continuidade familiar que mostra con tanto orgullo.”
Agradecemos ao Alcalde, Ángel Mato, que destacara na súa intervención o labor das Asociacións,
recuperando e mantendo a Memoria dos sucesos do 72, dos seus protagonistas e dos valores que os motivaron e que agora e sempre temos que continuar defendendo.
Aos membros da Corporación. Ao Departamento de Protocolo, non só por este acto senón por toda a atención prestada durante este ano. Ao atento persoal do Auditorio.
Citamos dun modo especial a Guadi Galego e a súa equipa pola brillantez das súas interpretacións, o cariño que amosou e por dar ao acto ese toque de contemporaneidade imprescindible.
Isto non foi o final, temos todavía varias actividades que irán saindo próxima e puntualmente. Moitas grazas a todas e todos.