Saltar ao contido principal

Manuel Rivas, Ugia Pedreira, Chévere ou a Cova Eirós entre os galardóns da crítica da Galiza


 Manuel Rivas, Ugía Pedreira, Chévere ou a Cova Eirós son algúns dos galardoados este ano cos Premios da Crítica da Galiza, que se desvelaron este sábado nun acto celebrado na sede de Afundación en Vigo.

Baixo o lema 'Galicia é infinda', do poeta Florencio Delgado Gurriarán, xuntáronse trescentas persoas representativas dos diversos ámbitos da política, da sociedade e da actividade cultural da Galiza para presenciar este fallo.

No transcurso do acto, que foi conducido pola escritora Ledicia Costas, Bieito Ledo, presidente e fundador dos Premios da Crítica da Galiza, fixo un percorrido pola memoria desta iniciativa pioneira organizada en Vigo desde hai 45 anos.

As propostas galardoadas

En concreto, na modalidade de creación literaria, o elixido foi o escritor Manuel Rivas por O que fica fóra, mentres que Xavier R. Mariñán fíxose co de investigación, por A figuración galega en Irlanda.