Saltar ao contido principal

CUMIO SOBRE O CLIMA

   

É un tema recorrente, algo sobre o que se está falando sen que fagamos moito caso ao que din os expertos nesta materia. Pero como di o refrán: non por moito madrugar amaece máis cedo e non por moito falar do asunto aparecen solucions, e se xorden son parciais, esas que afectan aos que contaminamos menos en favor dos que máis inciden sobre o cambio climático. Falar e falar, xuntarse unha e outra vez para nunca chegaren a conclusións que se encamiñen a solucionar este asunto que é maís sério do que parece.


É unha cuestión indicutible que estamos actuando sen moita responsabilidade nun tema que nos afecta a todos. Non nos preocupa a tremenda agresión que estamos inflixindo á Natureza, tanto que xa estamos notando as negativas consecuencias no noso devir cotiá. A emisión á atmosfera de gases con efecto invernadoiro cífrase en miles de millóns de toneladas. Por exemplo o ano pasado calcúlase que se colocaron na átmosfera 15.300 millóns de toneladas de CO2, un dos gases cuxo efecto é maís negativo para o equilibrio atmosférico. E seguimos. Non parece moi sensato negar a incidencia adversa de todo isto.
 

A era industrial, e o que entendemos arestora por civilización, levounos a un xeito de viviren un tanto desenfreado no que concirne ao consumo en todas as súas acepcións: consuminmos, logo contaminamos. Chegouse a plantexar a praxes de o que contamina paga e as grandes empresas sáelles máis á conta pagar e seguir contaminando. Os países que máis contaminan non soen acudir as cumbres que se organizan para falaren sobre o cambio climático e xa que logo calquera resolución que nesas xuntanzas se plantexe é auga mollada. Por exemplo acostúmase a demonizar á xente do común por usar o coche tratándo de crearnos un complexo de culpabilidade por encher o depósito con gasoil ou gasolina entrementres os grandes productores deses combustíbles fósiles seguen a xeralos masivamente. Certo que se está a estudar un novo carburante para os avións que contaminan arreo co queroseno e que emiten cantidades inxentes de carbón á atmosfera. Calcúlase que de Canarias á Península un avión consume uns 5.000 litros de queroseno: pensen na morea de avións que están a voar constantemente. O outro día chegou a A Coruña un trasatlántico enorme cuxo combustible era gas licuado o que facía que ese buque emitira un 80% menos de carbón á amosfera. Ise é o camiño e non botarlle a culpa da emisión de metano aos peidos das vacas.
 

Entrementres en Exipto estase celebrando outro Cumio sobre o clima ao que de novo non asisten os países máis contaminantes, así que todo seguirá igual. Moitas declaracións de boas intencións e un paseo polo Nilo con visita as Pirámides. Iso vai ser todo, xa verán.