Publicado por Susana Alaniz
Hoxe 31 de Outubro celébrase o Día de lembranza e homenaxe ás vítimas do golpe militar e a ditadura. Sirva de símbolo e homenaxe esta sepultura no Cemiterio de Serantes, que garda varias decenas de tantos e tantas asasinados pola defensa da legalidade e as ideas de progreso. As follas de edra e a flor da pasión que a adornan simbolizan o sofrimento pero tamén a inmortalidade e a lealdade. Sempre na nosa Memoria. Viva a República.
(Propiedade familia Rascado)