Saltar ao contido principal

PETICIÓN DE APOIO PARA A DEVOLUCIÓN DA CASA CORNIDE Recibidos

            


  PETICIÓN DE APOIO PARA A DEVOLUCIÓN DA CASA CORNIDE

Recibidos

manuel monge

mar, 4 oct, 11:52 (hace 2 días)

     PETICIÓN DE APOIO PARA A DEVOLUCIÓN DA CASA CORNIDE

Prezadas/os amigas/os:

A iniciativa de Defensa do Común, 24 entidades da Coruña acordamos unha serie de iniciativas para recuperar a Casa Cornide, hoxe en poder da familia Franco, para o patrimonio da Coruña.

Como sinalaba a moción aprobada o 1 de outubro de 2020, o pazo de Meirás e a Casa Cornide son dúas caras dun mesmo espolio: "Significados franquistas que promoveron e participaron activamente nestes dous espolios -Alfonso Molina Brandao, Pedro Barrié de la Maza e Sergio Peñamaría de Llano- aínda conservan na Coruña rúas, retratos e edificios públicos, que non poder admiitir  unha sociedade democrática"

Entre esas iniciativas está a convocatoria da III Marcha Cívica o sábado, 5 de novembro, con saída ás 12 da mañá da praza de María Pita da Coruña, co lema:

QUE DEVOLVAN TODO O ROUBADO.
DESPOIS DO PAZO DE MEIRÁS, RECUPERACIÓN PARA O POBO DA CASA CORNIDE

Queremos que esa III Marcha Cívica teña o maior apoio posíbel de entidades e asociacións de toda Galiza. Por iso pedimos a vosa colaboración.

Podedes comunicar o voso apoio  a esa III Marcha Cívica a este mesmo correo ou tamén a:


r.valesagra@gmail.com   (Ricardo Vales é o responsábel de Comunicación)

Moitas grazas.

Unha aperta.

Manuel Monge, presidente de Defensa do Común.