ÁLBUM DE FOTOS Innauguración en NARÓN : Rostros da Memoria Ferrol 1972.
| sáb, 1 oct, 17:42 (hace 1 día) | |||
ÁLBUM DE FOTOS Innauguración en NARÓN : Rostros da Memoria Ferrol 1972.
https://drive.google.com/
Onte , 30 de Setembro, foi inaugurada en Narón, diante do Pazo da Cultura, a Exposición “ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972”, de Xurxo Lobato, realizada pola Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra coa colaboración das A.C. Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática.
Mostra fotográfica que retrata a varias das personas portagonistas daquel Dez de Marzo que ainda nos acompañan, representando á totalidade dos implicados naqueles feitos que axudaron a mudar Ditadura por Democracia e deron lugar ao “Día da Clase Obreira Galega”.
Incorpora sendos textos da profesora e escritora Ánxela Loureiro e do Profesor da UDC Lourenzo Fernández.
Interviron no acto o autor Xurxo Lobato, artista fotógrafo e académico de Belas Artes, Manuel A. Fernández Pita, Presidente da A.C. M.H.D. en Nome de ambas Asociacións colaboradoras e Marian Ferreiro, Alcaldesa de Narón, que recibíu un plato conmemorativo deste 50º Aniversario dos sucesos do 72, no que esta Exposición se enmarca.
Tivemos a satisfacción de vernos acompañados por varios dos protagonistas dos retratos: Manola López García, Antonio Martínez Aneiros, Alfonso Couce Testa e Ricardo Aneiros Sixto.
A exposición poderase ver en Narón ata o vindeiro 14 de Outubro, rotando logo polos restantes Concellos da Mancomunidade.
Fotos de Bea Rascado, Chelo Carballal e Fer OM.