De: manuel martin <mmargar1951@gmail.com>
Date: lun., 24 oct. 2022 12:59
Subject: Informacion Plataformas SOS Sanidade Pública
To:
Mediciña preventiva sempre, pero que hai do persoal necesario para levalo a cabo con eficacia?
Hoxe, na área de urxencias do Centro de Saúde de Baltar o Sr. Conselleiro de Sanidade e os seus acólitos viñeron dicirnos que a sanidade pública en Sanxenxo, e por extensión, en Galicia estaba moi ben. Que son os partidos políticos os que manipulan á xente ( sospeitamos que falan do que está gobernando a Xunta porque eso é o que tentaron facer unha vez máis no noso concello).
En primeiro lugar, queremos facer fincapé en que estamos moi a favor de que se fagan cribados tanto a neonatos como de todo tipo de cancro e outras probas adicionais que poña en valor e faga efectiva a mediciña preventiva porque salva vidas (sempre e cando despois se traten de forma eficiente e correcta poñendo os medios necesarios).
Agora imos co que reivindicamos nas distintas plataformas en defensa da sanidade pública de Galicia, entre elas, a de Sanxenxo:
- Cribado Neonatal: Moi ben por el, necesario e xusto. Pero, unha vez diagnosticado e tratado por especialistas, quen vai facerlle o seguimento axs nenxs se non hai pediatras nos nosos centros de saúde? Esta mesma semana nos enteramos de que hai crianzas que están sendo derivados a médicxs de familia porque non contratan pediatras. Escúsanse en que non hai, pero iso non é certo xa que na sanidade privada hainos… Por que será?
- Cribado de Cérvix: Benvida sexa a mediciña preventiva. O que non dín é que é preferible que a proba a realice unha matrona xa que vai ter maior fiabilidade, fará unha valoración completa especializada e en caso de aparecer algún indicador alterado realizan a citoloxía xa ao momento; tampouco dixeron que recurren ao autocribado porque non hai matronas en todos os Centros de Saúde, de feito, a matrona que temos en Baltar é compartida con outros centros de saúde.
- Ampliación do Centro de Saúde de Baltar: Fará falta espacio pero este ano o que sobran son consultas baleiras e falta persoal. A pesar do “paripé” dos pisos pagos para facultativos e que din que foi un éxito, o certo é que a maior parte do verán, o Centro de Saúde contou cun máximo de dous facultativos que atendían urxencias e desprazados. O resto da poboación, incluídos crónicos, vímonos totalmente desatendidos. Se por iso fose pouco, tampouco funcionou o servizo de urxencias as 24h. Se isto é un éxito, non queremos nin pensar que pasaría no caso de ser un fracaso!!
Seguimos co tema ampliación, xa que dá moito de si… Ás portas das pasadas eleccións municipais, leváronse a cabo “melloras” no centro de saúde, ampliando o número de “cubículos” para pediatras que hoxe están baleiros a maioría dos días. Levan anos sen contratar e sen repoñer as prazas que van quedando sen cubrir nos nosos centros de saúde e agora pretenden solucionalo ampliando e construíndo edificios, así como botando balóns fóra dicindo que as competencias sanitarias non son autonómicas, cando aplicaron un 155 sanitario en Galicia que non nos enteramos?
O PP só entende de ladrillo e o persoal, se iso, que o paguemos no privado dos nosos bolsillos.
Moitas gracias,
Un saúdo,
Consello Fundacional SOS Sanidade Pública Sanxenxo
A Voz do Paciente de Cangas
A SITUACIÓN DA PEDIATRÍA EN CANGAS
A atención pediátrica que reciben as crianzas é deficiente en Cangas desde hai anos. Os problemas comezaron no año 2017 cando a xerencia de Vigo decide pecha a consulta de pediatría no centro de saúde de Aldán que atendía os nenos e nenas das parroquias de Aldán e O Hío e traslada o servizo ao Centro de Saúde de Cangas. Unha errada decisión que orixinou en Aldán unha das maiores mobilización de nais e pais que lembramos no Morrazo.
Logo no 2018, pechase a única consulta de tarde de Pediatría no centro de saúde de Cangas e a plantilla do servizo de pediatría queda minguada en tres pediatras e toda atención da poboación infantil concéntrase na quenda de mañá
Ante esta situación de recortes, peche da consulta de Aldán e peche da única consulta de tarde en Cangas, A Voz da Sanidade de Cangas, iniciamos queixas ante a Valedora do Pobo, recollida de sinaturas conxuntamente coa federación de Anpas dos Centros Públicos que foron entregadas ao anterior Conselleiro de Sanidade e á Xerencia así como denuncias na prensa local. A reposta da Administración foi a de sempre e que coñecemos tod@s: non hai pediatras…
No 2019, recuperáronse os catro pediatras.
En marzo de 2022, no Consello Municipal de Saúde de Cangas, o Sergas presentou o Plan Funcional para a nosa localidade e este documento establece dúas consultas de pediatría pola mañá e unha consulta de tarde en Cangas e tamén a consulta en Aldán. Isto quere dicir que o Sergas recoñece a mesma plantilla e a mesma distribución do servizo que tíñamos antes do ano 2017. Pero a realidade é ben distinta, non recuperamos as consultas pechadas (a da tarde en Cangas e a consulta de Aldán)
En marzo de 2022 presentamos un escrito ao Xerente de Vigo para facerlle chegar o malestar das familias que non comprenden as razón de manter pechada a consulta de tarde de pediatría pois desde 2019 Cangas conta xa con catro pediatras e todas e todos exercen na quenda de mañá e non se establecer unha consulta pola tarde.
No mes de maio, A Voz da Sanidade de Cangas , volta a presentar un escrito, esta vez, asinado por unha trintena de nais é pais para solicitar unha reunión co Sr. Xerente de Vigo para trasladarlle a necesidade dunha nova organización do servizo que incida positivamente na asistencia da poboación infantil que facilite a conciliación familiar das nais e dos pais que traballan en quendas de mañá, para que estes poidan acompañar aos seus fillos e fillas ao pediatra e así restablecer o dereito das crianzas de acudir á consulta de pediatría acompañadas das súas nais e pais.
Un saúdo