“RECOLLIDA DE SINATURAS PARA A ILP SALVAR A ATENCIÓN PRIMARIA” O vindeiro lúns 19 de setembro as 11:30 na Praza Amada García (diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza), a Plataforma SOS Sanidade Pública e Ferrolterra recollerá sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular “SALVAR A ATENCIÓN PRIMARIA”. Estase a promover esta ILP, dentro das accións en defensa da sanidade pública, de SOS Sanidade Pública facemos un chamamento a participación da cidadanía. Axuntase texto da ILP: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O Estatuto de Autonomía de Galicia outorga a esta Comunidade Autónoma a competencia do desenvolvemento lexislativo, así como a execución da lexislación básica en materia de sanidade interior. É, de feito, esta norma a que fixo que se aproben múltiples textos legais como a Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Saúde, ou a Lei 8/2008, do 10 de xullo de Saúde de Galicia. Xa antes da pandemia, o sistema sanitario galego viña arrastrando unha serie de debilidades que non fixeron se non agravarse durante esta: a falta de accesibilidade, as longas listas de espera dun sistema saturado, a indubidable fatiga do persoal ou a escasa participación da cidadanía no sistema. O obxectivo da presente Lei é a implantación dunha serie de medidas para revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios de atención primaria. Así, en primeiro lugar, establécese a atención persoal ao paciente como regra xeral para as consultas médicas, correspondéndolle a el ou a ela a decisión de ser atendido de forma telemática; paralelamente, determínase tamén que deba existir sempre a opción de ser atendido por unha persoa ao chamar por teléfono aos servizos sanitarios. Así mesmo, establécense unha serie de medidas para fixar uns mínimos razoables de dispoñibilidade de centros e persoal para salvagardar a debida calidade da atención primaria aos pacientes, proporcionando unha atención sanitaria en igualdade tendo en conta as diferencias de cada xénero. A saúde reprodutiva e sexual das mulleres ten necesidades específicas que necesitan ser atendidas por matronas, non ter en conta esta especificación implica abrir unha brecha de xénero e unha desigualdade sanitaria, polo que se establece un mínimo de 1 matrona por cada 5.000 mulleres. Destacan de entre estas medidas a obrigación de publicar, como mínimo, unha convocatoria de prazas anual, a recuperación dos consultorios periféricos e o incremento e redimensión dos cadros de persoal dos centros de saúde. En terceiro lugar, recupéranse as Xerencias de Atención Primaria e desenvólvense as competencias dos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e do Consello de Saúde de Galicia. Neste sentido, restablécense as Xerencias de Atención Primaria como elemento esencial da estrutura organizativa do sistema sanitario galego e o máis útil elemento de intervención na repartición de recursos e organización da asistencia primaria. Por outra banda, coa presente Lei búscase aumentar a capacidade de participación cidadá nos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e o Consello de Saúde de Galicia, dándoselle maior peso e relevancia nos devanditos órganos O obxectivo da presente ILP non pretende suplantar a Lei Galega de Saúde senón implantar unha serie de medidas para revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios de Atención Primaria como parte esencial e distintiva do sistema sanitario público galego. Todas estas medidas son de carácter urxente dada a gravidade da situación pola que atravesa a Atención Primaria en Galicia, en risco real de desmantelamento e privatización e deberían ir acompañadas da recuperación dos recursos humanos recortados nos últimos anos, garantir a accesibilidade aos centros, desmasificar as consultas e acabar coas listas de espera, así como mellorar as condicións laborais do persoal da Atención Primaria. Capitulo I. Disposicións xerais Obxecto e ámbito de aplicación A presente Proposición de Lei ten por obxecto a implantación dunha serie de medidas destinadas a recuperar e fortalecer a Atención Primaria dentro do sistema sanitario da Comunidade Autónoma de Galicia. Capitulo II Garantir a presencialidade e a calidade na atención Artigo 1. Atención presencial nas consultas As consultas levaranse a cabo, como regra xeral, de forma presencial. Así, só se o paciente opta voluntariamente por ser atendido de forma telemática poderase levar a cabo a consulta polos devanditos medios. Artigo 2. A atención telefónica será a cargo do persoal, non de maquinas As centrais telefónicas que xestionen as chamadas de pacientes e usuarios do sistema sanitario terán sempre a opción de ser atendido por unha persoa. A referida opción deberá ser de fácil acceso para quen que chama. Capitulo III. Mellorar a estrutura e funcionamento dos Centros de Saúde, Servizos de Urxencias Extra Hospitalarios e Servizos de Ambulancias Artigo 3. Adecuar as plantillas de persoal as necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade 1. O persoal dos Centros de Saúde establecerase tendo en conta as condicións xeografías, a estrutura da poboación, as situacións epidemiolóxicas e a demanda de cada Área Sanitaria. 2. Para ilo constituirase unha Comisión Especifica na que estarán tres representantes das organizacións sindicais; tres das organizacións científicas medicas; un por cada unha das categorías laborais e profesionais que integran os equipos; e tres polas organizacións veciñais. 3. Establecer un mínimo de 1 matrona por cada 5.000 mulleres, salvo que por motivos de poboación en zonas rurais se estableza un ratio menor, tendo en conta outros parámetros ademais do número de nacementos de cada área xeográfica, sen acotar os ratios por rango de idade, e valorando sempre a dispersión xeográfica. 4. As consultas medicas non deberan superar, como norma xeral, 30 o dia. 5. Incorporar aos cadros de persoal dos centros de saúde novas categorías: psicoloxía, logopedia, atención temperá, terapeuta ocupacional, podoloxía, ópticos-optometristas, ... e redimensionar todas as existentes. Artigo 4. Garantir a estabilidade laboral e unhas condicións de traballo adecuadas ao persoal dos Centros de Saúde 1. Convocar anualmente tódalas prazas vacantes mediante Ofertas Públicas de Emprego 2. Incrementar a capacidade docente da Atención Primaria acreditando novos centros de saúde para que todas as categorías profesionais teñan garantida a formación en saúde familiar e comunitaria, así como o recambio profesional e o necesario incremento das plantillas de persoal. 3. Ofertar aos novos especialistas contratos estables que os a Atención Primaria galega 4. Garantir unhas condicións laborais dignas que acaben coa precariedade e inestabilidade do persoal e permitan recuperar ao que decidiu traballar en espazos diferentes á Atención Primaria e a que emigrou fora de Galicia. Artigo 5. Garantir a accesibilidade da poboación aos Centros de Saúde, Consultorios periféricos e Urxencias en condicións de equidade 1. A poboación, independentemente do lugar onde viva, terá dereito a acceder á Atención Primaria nunhas condicións que garantan a accesibilidade (máximo de media hora da súa residencia) e a equidade (sen discriminacións entre o rural e o urbano). 2. A composición dos equipos dos Centros de Saúde deberán adecuarse ás características xeográficas e de poboación, epidemiolóxicas e da demanda de cada área e zona persoal dos Centros, Consultorios e Urxencias para garantir unha atención integral, de calidade e con unha plena capacidade resolutiva. A composición das plantillas serán establecidas nos Plans de Saúde de Área Sanitaria. 3. Os Centros, PAC e centros Periféricos deberán garantir o acceso da poboación rural nas mesmas condicións que a urbana. 4. Os Servizos de Ambulancias adecuáranse as necesidades e demandas de traslado urxente de pacientes sen discriminación Capitulo IV. Dotar de autonomía de xestión á Atención Primaria Artigo 6. As Prazas de Xerencia de Área asignaranse atendendo a criterios de profesionalidade e non de afinidade política, mediante concurso oposición de acordo aos criterios de transparencia, igualdade, mérito e capacidade. Artigo 7. Os e as xerentes deberán acreditar formación do tipo de Master en Xestión Sanitaria. Artigo 8. As Direccións de Atención Primaria formarán parte das Xerencias de Área e terán capacidade e autonomía para asignar xestionar a demanda, un orzamento propio, e os recursos humanos e materiais dos centros, de acordo ás directrices do Plan Galego de Saúde e dos Plans de Área. Capitulo V Garantir e fomentar a participación cidadá Artigo 9. A cidadanía poderá participar e decidir nas actividades e actuacións da Atención Primaria. Os Consellos de Saúde dos diferentes niveis do sistema participarán na planificación, execución e avaliacións das actividades desenvolvidas polos centros de saúde, poderán realizar informes e propostas de natureza vinculante, mediante disposicións legais que o dispoñan expresamente mediante unha normativa propia, de acordo cos Plan de Saúde e Galicia e os Plans de Saúde de cada Área Artigo 10. O Consello Galego de Saúde, os Consellos de Saúde de Área Sanitaria e de Centro de Saúde terán un carácter democrático 1. Estarán presididos por persoas designadas pola Xerencia do XERGAS e a súa composición terá un carácter democrático. 2. Estarán integrados por seis representantes da administración e dous membros das organizacións veciñais, de pacientes, sindicais, patronais, universitarias e de institucións locais. Capitulo VI. Acabar coas Listas de Espera na Atención Primaria Artigo 1. Garantirase que o tempo de espera para recibir atención nos Centros de Saúde non superara as 48 horas para consultas normais e 24 horas para a demanda urxente Artigo 2. As interconsultas e derivacións de pacientes aos servizos especializados hospitalarios non pasarán por filtros previos que alonguen a espera da atención. O persoal facultativo de AP poderá remitir aos pacientes as especialidades hospitalarias mediante un informe co xustifique, sen ter que pasar ningún filtro que demore a atención . Artigo 3. As persoas que rexeiten ser atendidas en centros privados concertados non serán enviadas ás listas non estruturais nin perderán o seu posto na lista estrutural Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa. Fican derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ou contradigan o disposto nesta Lei. Disposición derradeira única. Entrada en vigor. Esta lei entrará en vigor aos vinte días dá súa publicación non Diario Oficial de Galicia. III. As persoas asinantes autorizan XXX a presentar e recibir escritos e documentos en nome dá Comisión Promotora.
“RECOLLIDA DE SINATURAS PARA A ILP SALVAR A ATENCIÓN PRIMARIA”
O vindeiro lúns 19 de setembro as 11:30 na Praza Amada García (diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza), a
Plataforma SOS Sanidade Pública e Ferrolterra recollerá sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular “SALVAR A ATENCIÓN
PRIMARIA”. Estase a promover esta ILP, dentro das accións en defensa da sanidade pública, de SOS Sanidade Pública facemos
un chamamento a participación da cidadanía.
Axuntase texto da ILP:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Estatuto de Autonomía de Galicia outorga a esta Comunidade Autónoma a competencia do desenvolvemento lexislativo, así
como a execución da lexislación básica en materia de sanidade interior. É, de feito, esta norma a que fixo que se aproben
múltiples textos legais como a Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servizo Galego de Saúde, ou a Lei 8/2008, do 10 de
xullo de Saúde de Galicia.
Xa antes da pandemia, o sistema sanitario galego viña arrastrando unha serie de debilidades que non fixeron se non agravarse
durante esta: a falta de accesibilidade, as longas listas de espera dun sistema saturado, a indubidable fatiga do persoal ou a
escasa participación da cidadanía no sistema.
O obxectivo da presente Lei é a implantación dunha serie de medidas para revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios de
atención primaria. Así, en primeiro lugar, establécese a atención persoal ao paciente como regra xeral para as consultas
médicas, correspondéndolle a el ou a ela a decisión de ser atendido de forma telemática; paralelamente, determínase tamén
que deba existir sempre a opción de ser atendido por unha persoa ao chamar por teléfono aos servizos sanitarios.
Así mesmo, establécense unha serie de medidas para fixar uns mínimos razoables de dispoñibilidade de centros e persoal para
salvagardar a debida calidade da atención primaria aos pacientes, proporcionando unha atención sanitaria en igualdade tendo
en conta as diferencias de cada xénero. A saúde reprodutiva e sexual das mulleres ten necesidades específicas que necesitan
ser atendidas por matronas, non ter en conta esta especificación implica abrir unha brecha de xénero e unha desigualdade
sanitaria, polo que se establece un mínimo de 1 matrona por cada 5.000 mulleres. Destacan de entre estas medidas a
obrigación de publicar, como mínimo, unha convocatoria de prazas anual, a recuperación dos consultorios periféricos e o
incremento e redimensión dos cadros de persoal dos centros de saúde.
En terceiro lugar, recupéranse as Xerencias de Atención Primaria e desenvólvense as competencias dos Consellos de Saúde de
Área Sanitaria e do Consello de Saúde de Galicia. Neste sentido, restablécense as Xerencias de Atención Primaria como
elemento esencial da estrutura organizativa do sistema sanitario galego e o máis útil elemento de intervención na repartición
de recursos e organización da asistencia primaria. Por outra banda, coa presente Lei búscase aumentar a capacidade de
participación cidadá nos Consellos de Saúde de Área Sanitaria e o Consello de Saúde de Galicia, dándoselle maior peso e
relevancia nos devanditos órganos
O obxectivo da presente ILP non pretende suplantar a Lei Galega de Saúde senón implantar unha serie de medidas para
revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios de Atención Primaria como parte esencial e distintiva do sistema sanitario
público galego.
Todas estas medidas son de carácter urxente dada a gravidade da situación pola que atravesa a Atención Primaria en Galicia,
en risco real de desmantelamento e privatización e deberían ir acompañadas da recuperación dos recursos humanos
recortados nos últimos anos, garantir a accesibilidade aos centros, desmasificar as consultas e acabar coas listas de espera,
así como mellorar as condicións laborais do persoal da Atención Primaria.
Capitulo I. Disposicións xerais
Obxecto e ámbito de aplicación
A presente Proposición de Lei ten por obxecto a implantación dunha serie de medidas destinadas a recuperar e fortalecer a
Atención Primaria dentro do sistema sanitario da Comunidade Autónoma de Galicia.
Capitulo II Garantir a presencialidade e a calidade na atención
Artigo 1. Atención presencial nas consultas
As consultas levaranse a cabo, como regra xeral, de forma presencial. Así, só se o paciente opta voluntariamente por ser
atendido de forma telemática poderase levar a cabo a consulta polos devanditos medios.
Artigo 2. A atención telefónica será a cargo do persoal, non de maquinas
As centrais telefónicas que xestionen as chamadas de pacientes e usuarios do sistema sanitario terán sempre a opción de ser
atendido por unha persoa. A referida opción deberá ser de fácil acceso para quen que chama.
Capitulo III. Mellorar a estrutura e funcionamento dos Centros de Saúde, Servizos de Urxencias Extra Hospitalarios e Servizos
de Ambulancias
Artigo 3. Adecuar as plantillas de persoal as necesidades da poboación para garantir unha atención de calidade
1. O persoal dos Centros de Saúde establecerase tendo en conta as condicións xeografías, a estrutura da poboación, as
situacións epidemiolóxicas e a demanda de cada Área Sanitaria.
2. Para ilo constituirase unha Comisión Especifica na que estarán tres representantes das organizacións sindicais; tres das
organizacións científicas medicas; un por cada unha das categorías laborais e profesionais que integran os equipos; e
tres polas organizacións veciñais.
3. Establecer un mínimo de 1 matrona por cada 5.000 mulleres, salvo que por motivos de poboación en zonas rurais se
estableza un ratio menor, tendo en conta outros parámetros ademais do número de nacementos de cada área
xeográfica, sen acotar os ratios por rango de idade, e valorando sempre a dispersión xeográfica.
4. As consultas medicas non deberan superar, como norma xeral, 30 o dia.
5. Incorporar aos cadros de persoal dos centros de saúde novas categorías: psicoloxía, logopedia, atención temperá,
terapeuta ocupacional, podoloxía, ópticos-optometristas, ... e redimensionar todas as existentes.
Artigo 4. Garantir a estabilidade laboral e unhas condicións de traballo adecuadas ao persoal dos Centros de Saúde
1. Convocar anualmente tódalas prazas vacantes mediante Ofertas Públicas de Emprego
2. Incrementar a capacidade docente da Atención Primaria acreditando novos centros de saúde para que todas as
categorías profesionais teñan garantida a formación en saúde familiar e comunitaria, así como o recambio profesional
e o necesario incremento das plantillas de persoal.
3. Ofertar aos novos especialistas contratos estables que os a Atención Primaria galega
4. Garantir unhas condicións laborais dignas que acaben coa precariedade e inestabilidade do persoal e permitan
recuperar ao que decidiu traballar en espazos diferentes á Atención Primaria e a que emigrou fora de Galicia.
Artigo 5. Garantir a accesibilidade da poboación aos Centros de Saúde, Consultorios periféricos e Urxencias en condicións
de equidade
1. A poboación, independentemente do lugar onde viva, terá dereito a acceder á Atención Primaria nunhas condicións
que garantan a accesibilidade (máximo de media hora da súa residencia) e a equidade (sen discriminacións entre o
rural e o urbano).
2. A composición dos equipos dos Centros de Saúde deberán adecuarse ás características xeográficas e de poboación,
epidemiolóxicas e da demanda de cada área e zona persoal dos Centros, Consultorios e Urxencias para garantir unha
atención integral, de calidade e con unha plena capacidade resolutiva. A composición das plantillas serán establecidas
nos Plans de Saúde de Área Sanitaria.
3. Os Centros, PAC e centros Periféricos deberán garantir o acceso da poboación rural nas mesmas condicións que a
urbana.
4. Os Servizos de Ambulancias adecuáranse as necesidades e demandas de traslado urxente de pacientes sen
discriminación
Capitulo IV. Dotar de autonomía de xestión á Atención Primaria
Artigo 6. As Prazas de Xerencia de Área asignaranse atendendo a criterios de profesionalidade e non de afinidade política,
mediante concurso oposición de acordo aos criterios de transparencia, igualdade, mérito e capacidade.
Artigo 7. Os e as xerentes deberán acreditar formación do tipo de Master en Xestión Sanitaria.
Artigo 8. As Direccións de Atención Primaria formarán parte das Xerencias de Área e terán capacidade e autonomía para
asignar xestionar a demanda, un orzamento propio, e os recursos humanos e materiais dos centros, de acordo ás directrices
do Plan Galego de Saúde e dos Plans de Área.
Capitulo V Garantir e fomentar a participación cidadá
Artigo 9. A cidadanía poderá participar e decidir nas actividades e actuacións da Atención Primaria. Os Consellos de Saúde
dos diferentes niveis do sistema participarán na planificación, execución e avaliacións das actividades desenvolvidas polos
centros de saúde, poderán realizar informes e propostas de natureza vinculante, mediante disposicións legais que o dispoñan
expresamente mediante unha normativa propia, de acordo cos Plan de Saúde e Galicia e os Plans de Saúde de cada Área
Artigo 10. O Consello Galego de Saúde, os Consellos de Saúde de Área Sanitaria e de Centro de Saúde terán un carácter
democrático
1. Estarán presididos por persoas designadas pola Xerencia do XERGAS e a súa composición terá un carácter democrático.
2. Estarán integrados por seis representantes da administración e dous membros das organizacións veciñais, de pacientes,
sindicais, patronais, universitarias e de institucións locais.
Capitulo VI. Acabar coas Listas de Espera na Atención Primaria
Artigo 1. Garantirase que o tempo de espera para recibir atención nos Centros de Saúde non superara as 48 horas para
consultas normais e 24 horas para a demanda urxente
Artigo 2. As interconsultas e derivacións de pacientes aos servizos especializados hospitalarios non pasarán por filtros previos
que alonguen a espera da atención. O persoal facultativo de AP poderá remitir aos pacientes as especialidades hospitalarias
mediante un informe co xustifique, sen ter que pasar ningún filtro que demore a atención .
Artigo 3. As persoas que rexeiten ser atendidas en centros privados concertados non serán enviadas ás listas non estruturais
nin perderán o seu posto na lista estrutural
Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.
Fican derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango se opoñan ou contradigan o disposto nesta Lei.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor.
Esta lei entrará en vigor aos vinte días dá súa publicación non Diario Oficial de Galicia.
III. As persoas asinantes autorizan XXX a presentar e recibir escritos e documentos en nome dá Comisión Promotora.