Saltar ao contido principal

Informacion campaña ILP Salvar e Fortalecer a Atención Primaria en Galicia


INTERVENCIÓN DEL COMPAÑERO DE LA PLATAFORMA DE FERROLTERRA  EN   RADIO FILISPIM



Informacion campaña ILP Salvar e Fortalecer a Atención Primaria en Galicia 


Manuel Martin Voceiro SOS Sanidade Pública

image.png

Plataforma SOS de Ferrol
Bo día Onte tivemos xuntanza en Ferrol de SOS Sanidade Pública de Ferrolterra poñeremos unha mesa de recollida de sinaturas da ILP o vindeiro Luns 19 as 11:30 diante do Ed. Xunta. Convocaremos os medios pra cubrila e hoxe acudirei a un programa na Radio Filispim a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos como convidado pra falar da ILP e de seguir na loita na defensa da Sanidade Pública.
Saúdos compas e seguimos na loita✊
Comparto un programa radiofónico o que acudin pra falar da ILP de Fortalezamos a Atención Primaria de SOS Sanidade Pública.

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tui comezou unha campaña para reivindicar o reforzamento do servizo de Fisioterapia no Centro de Saúde de Tui: reforzamento que
xa se efectuou noutros centros da nosa área. Tui conta na actualidade con tres especialistas, que non só atenden a pacientes do propio municipio, senón tamén de Tomiño e Salceda. Aínda que Tui
dispón de instalacións adecuadas para un servizo mellor e máis eficaz de rehabilitación, a falta de persoal sanitario fai que as listas de espera sexan de ao redor de 700 pacientes.

A Plataforma sumouse así mesmo a campaña en prol da Iniciativa Lexislativa Popular sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a atención primaria. Con este obxecto, os seus
membros están a recoller firmas. O xoves 15 de setembro, a partir das 9 horas, haberá unha mesa no Centro de Saúde onde todas as persoas que o desexen poderán manifestar o seu apoio á campaña e
mesmo colaborar na recollida de firmas.

Asociación de Epilépticos de A Coruña
Hoxe me dixeron que a nova médica ou médico que sustitue a miña médica que se xubilou, dixeronme que mínimo 6 meses para que a a unha nov@ titular o desinen mentres tanto de doutor o doutora así sen que teñan nen idea das miñas doenzas. Alucino. 😡😡
Ea consulta da miña doutora pechada. 😡😡😡😡😡😡