Saltar ao contido principal

Exposición Fotográfica “OS ROSTROS DA MEMORIA” de Xurxo Lobato.


 Roda de Prensa no Concello de Fene 17.08.2022

Exposición Fotográfica “OS ROSTROS DA MEMORIA”  de Xurxo Lobato.

Celebrouse hoxe a presentación da Exposición coa comparecencia do Alcalde de Fene, o autor o fotógrafo e Académico Xurxo Lobato e Rafael Pillado representando aos retratados e as Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, promotoras dos actos de conmemoración do 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972.

O Autor agradeceu á Mancomunidade de Municipios de Ferrolterra que fixera posible esta mostra e ao Alcalde de Fene en particular, por ser este o primeiro Concello que a recibe, coincidindo ademáis co “Día da Galicia Mártir”, sendo os protagonistas dos sucesos que esta exposición reflicte, verdadeiramente, mártires do franquismo. Continuará recorrendo a partir do día 31 os outros Concello da Mancomunidade.

O Alcalde Juventino Trigo amosou a súa satisfacción por ser este Concello e primeiro en acoller a mostra que será visible ademáis no Barrio de San Valentín, tan vinculado á vida sindical e obreira, na praza Dez de Marzo. Un barrio que acaba de cumprir tamén o 50º aniversario da súa existencia. Agradeceu o fundamental apoio da Mancomunidade e lembrou a vinculación deste Concello á Recuperación da Memoria – onte mesmo celebraban un acto de homenaxe a Ramón Souto, o derradeiro alcalde da Republica no 86º aniversario do seu asesinato polos golpistas, xunto a outros vecinos de Fene. Actos que agardan seguir facendo ao amparo da nova Lei da Memoria a punto de publicarse.

Rafael Pillado, en nome das dúas  Asociacións citadas, felicitou ao Autor, á Mancomunidade e ao Alcalde de Fene que empeñouse no proxecto desde o principio e tamén as outras persoas colaboradoras con textos no evento, a escritora e profesora Ánxela Loureiro e o Catedrático da USC Lourenzo Fernández. Relatou que ámbas Asociacións promoveron un Manifesto no que se explicaba a intención de facer actividades conmemorativas durante todo o 2022 e así se ven cumprindo e deixar claro que o 10 de Marzo non foi só una reivindicación laboral, senon que tivo una dimensión política, cultural, social de loita por recuperar a democracia, e máis aló dos sucesos locais repercutíu na Universidade, en Vigo, en toda Galicia. 

Que los retratados son unha parte dos protagonistas que hoxe están vivos pero que a Exposición representa a todas e todos, cun recordo moi especial a cantas persoas quedaron no camiño, aos asesinados Amador e Daniel, a tantos feridos, a Xulio Aneiros, Paco Filgueira, Paco Balón, Amor, Riobó, a quen sufriron a represión: privación de liberdade, multas, torturas, exilio, despidos, problemas familiares… todas e todos conformaban un exército democrático que reivindicaba a loita polas liberdades, o fin da Ditadura e a volta a Democracia.

Esta tarde en San Valentín ás 20,30 será a inauguración oficial e o próximo día 31 mostrarase no Concello de Cedeira.