Saltar ao contido principal

Coñecer e lembrar o pasado


 Coñecer e lembrar o pasado e unha das vías máis seguras para que a barbarie non se repita.

Hoxe, 17 de agosto, cumprese o 86º aniversario do asasinato, no Cemiterio de Canido, de Xaime Quintanilla Martínez (A Coruña, 1891-Ferrol, 1936) médico, Alcalde Socialista de Ferrol na IIª República, da línea galeguista do PSOE, membro das Irmandades da Fala e da Comisión do Estatuto de Galicia, activista cultural e Presidente da Federación Socialista de A Coruña.

Tamén houbo outras 14 persoas, paseadas con él na tapia do Cemiterio de Canido:

• Alfonso Abrodes Rey, obreiro, de 23 anos;

• Manuel Besteiro Luaces, radiotelegrafista, de 37;

• Cipriano Canosa Caruncho, maquinista, de 39;

• Juan García Niebla, mestre, de 60, natural de A Graña;

• Ángel García Toribio, de Pontedeume, rexistrador da propiedade e membro de Izquierda Republicana, de 36;

• Ángel Monteagudo Carro, maquinista do acoirazado “España”, de 33 anos;

• Avelino Parrilla Ares, de Mugardos, suboficial da Armada;

• José Pérez Cisneros, carpinteiro, de 24, veciño de Fene;

• Alfonso Raja Coronado, auxiliar do acoirazado “España”, de 33 anos;

• Ramón Ríos Sordo, maquinista naval retirado, tenente de alcalde de Mugardos e militante de Izquierda Republicana;

• Juan Romalde Prieto, oficial 3º de Artillaría da Armada, de 40 anos;

• Manuel Serantes Canosa, oficial do “España”;

• Ramón Souto González, industrial e Alcalde socialista de Fene, de 36 anos;

• Jesús Tenreiro Prim, secretario do Concello de Fene, de 34 anos.

Todos xuntos, repousan no Cemiterio de Catabois, desde 1966.

Fotos de Ramón Souto, Xaime quintanilla e García Niebla.