Saltar ao contido principal

ÁLBUM FOTOGRÁFICO: https://drive.google.com/drive/folders/1KnZChVS5Kh_kE2GBTVa4AHSD6xTZwdur?usp=sharing


 Exposición en Fene : “ROSTROS DA MEMORIA  FERROL 1972” de Xurxo Lobato.
ÁLBUM FOTOGRÁFICO: 
https://drive.google.com/drive/folders/1KnZChVS5Kh_kE2GBTVa4AHSD6xTZwdur?usp=sharing

Onte, na Praza 10 de Marzo de San Valentín, Perlío-Fene quedou inaugurada a Exposición Fotográfica “Rostros da Memoria Ferrol 1972” de Xurxo Lobato, realizada grazas ao apoio da Moncomunidade de Concellos de Ferrolterra, coa colaboración das Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, e outra das actividades que se inscriben na conmemoración do 50º Aniversario dos sucesos de Marzo de 1972 que deron lugar ao “Día da Clase Obreira Galega”.
Foi, esta de Fene, a primeira mostra da exposición, que rotará logo polos restantes Concellos da Mancomunidade e se inauguróu nun acto entrañable, coincidindo co “Día da Galicia Mártir”, rodeados os Rostros da  Memoria de moitos rostros coñecidos, de protagonistas dos sucesos, de xentes daquela época e de moita xente máis nova preocupada por coñecer e porque a Memoria e os valores daqueles feitos se manteñan.
Interviron o Autor, o fotógrafo e académico Xurxo Lobato, Sari Alabau en nome das persoas represalidas, especialmente de tantas mulleres que foron partícipes e sofriron aquel Marzo del 72, O Alcalde de Fene Xuventino Trigo e Rafael Pillado, tamén como protagonista e  en representación das Asociacións citadas.
Os retratos de algúns dos protagonistas que todavía están presentes simbolizan a todas e todos os que participaron daqueles sucesos. Os acompaña unha relación de persoas feridas e represaliadas e uns fermosos textos de Ánxela Loureiro, escritora e profesora e de Lourenzo Fernández,  catedrático da USC.
O día 31 de Agosto a exposición pasará ao Concello de Cedeira.