Asunto.- Proposta de actividades para o 15 de outubro , Día Internacional da Muller Rural
A concelleira delegada da Área de Muller e Igualdade solicitou o día 21 de xullo de 2022, o inicio
dun expediente de aprobación de actividades co motivo do Día Internacional da Muller, que se
celebra o 15 de outubro.
Con estas actividades queremos apoiar a labor das asociacións de mulleres do medio rural como
elemento clave de dinamización social, económico e cultural, poñer en valor o papel relevante da
muller e a súa contribución ao freo da despoboación do medio rural.
O programa constará das seguintes actuacións:
Primeiro:
a) Un espectáculo que contará cunha peza teatral de narración oral que ten como eixo principal
feitos e a desenvolver nunha Asocación da zona rural do municipio. (14 de outubro)
b) Realización dun roteiro silvestre por A Cabana e un obradoiro de produtos biosaudables (15
de outubro)
c) Edición, maquetación e impresión dun recopilatorio das XVII Edicións do Concurso de
Postres de Outono que organizou unha das dúas únicas asociacións de mulleres da zona
rural, neste caso a Asociación de Mulleres de Doniños. Servirá para poñer en valor recetas
tradicionais con productos de tempada da zona, e principalmente difundimos unha
actividade que tivo claros obxectivos interxeneracionais, visibilizando un concurso que foi
un punto de encontro no que teñen participado mulleres de todas as idades da zona rural. Por
mor da pandemia, e por falta de relevo na actualidade, tras a edición XVII non se realizará
máis o concurso, por tanto, é importante que quede constancia dunha actividade que tivo
altos índices de participación neste libro recopilatorio.
Para o desenvolvemente destas actividades contarase coa colaboración do tecido asociativo da zona
rural e tramitaranse as autorizacións que sexan necesarias, de ser o caso, respectando en todo
momento, as medidas sanitarias da COVID 19, establecidas no momento de levalas a cabo.
A empresa contratada para realizar as actividades a) e b) , elaborará o deseño do cartel publicitario e
a fabricación e montaxe dun photocall. Ademais achegará e repartirá 100 bolsas de tela co lema e
imaxe corporativa integrada.
A empresa contratada para realizar a actividade c), será a encargada do deseño, maquetación e
impresión de 200 exemplares do recopilatorio de receitas de cociña que serán propiedade da
Concellería de Muller e Igualdade.
O custe total das actividades a) e b) será dun máximo de 2997 € + 21% IVE = 3626,37 €uros
O custe total da actividade c) será dun máximo de 1120 € + 4% IVE = 1164,80 €uros
O custe total de todas as actividades organizadas por mor do Día da Muller Rural 2022 (IVE
incluido) é de 4791,17 €uros.
Ferrol, na data que consta na sinatura dixital
O funcionario, CONFORME,
David Monteagudo Martínez A concelleira delegada de Muller e Igualdade
Cristina Prados Rubio