Saltar ao contido principal

nota AGDSP subida salarial Atencion Primaria

 nota AGDSP subida salarial Atencion Primaria

manuel martin

sáb, 2 jul, 12:06 (hace 3 días)
para bcc: 

            Nota de Prensa da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) sobre “Complementos Salariais”.

 

            Diante do acordo na Mesa Sectorial da Consellaría de Sanidade cos Sindicatos, para un “Complemento Salarial de 12.000 euros anuais para o persoal médico de Atención Primaria que prolongue a súa xornada laboral nos centros de saúde con vacantes sen cubrir, desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, queremos comunicar o seguinte:

 

1.- Consideramos de xustiza que se mellore a remuneración do persoal sanitario que aumente a súa xornada de traballo. Tamén é positivo que esta medida abra a posibilidade de negociar as condicións retributivas do persoal, especialmente do que traballa no rural ou en condicións difíciles.

 

2.- Ésta medida non vai resolver os graves problemas asistenciais dos Centros de Saúde cun persoal queimado por anos de recortes. Incrementar a carga de traballo dxs profesionais, reduce a calidade polo cansazo asociado á mesma.

 

3.- Enfrontámonos a un novo parche da Consellaría de Sanidade do PP, para afrontar o gran problema de falta de persoal, que se incrementará coa xubilación de boa parte do mesmo nos próximos anos. Demóstrase a incompetencia do PP, para planificar os recursos a curto, medio ou longo prazo, por uns/has directivxs asignadxs, atendendo a criterios de afinidade política e non de capacidade de xestión acreditada.

 

4.- A falta de recursos do PP para sanidade, a precariedade, a inestabilidade, a gran carga asistencial con consultas que superan as 40 diarias, os filtros ás consultas cxs profesionais dos hospitais, a marxinación dentro do sistema, etc., explican a perda de prestixio da Medicina Familiar e Comunitaria e que boa parte de quen obtén a titulación médica, non elixa esta especialidade, o que contribúe a manter o problema.

 

Consideramos necesario e urxente un novo Plan para Cambiar e Mellorar a Atención Primaria que contemple:

 

•             Cambios organizativos, funcionais e a dotación de máis recursos. Aplicar as medidas resistradas no Consello Técnico de AP de Galicia.

 

•             Reorientación ao modelo de Atención Integral e Comunitaria.

 

•             Unha planificación que teña en conta á poboación, sindicatos  e  persoal sanitario.

 

A incapacidade manifesta désta administración do PP e a política de recortes e desmantelamento da Atención Primaria, está conducindo inexorablemente ao desastre.

De nós depende que se cambie e política sanitaria para poder ter unha sanidade pública, universal e de calidade (o de gratuíta xa fai moito que o retiraron do sistema).