Saltar ao contido principal

O AMIANTO E A PERSPECTIVA DE XÉNERO


Dentro dos actos do 50º Aniversario do 10 de Marzo 1972, no Ateneo Ferrolán, organizado pola A.C. Fuco Buxán coa colaboración de AGAVIDA e A.C. Memoria Histórica Democrática, celebrouse o pasado xoves, a Mesa Redonda: “Amianto. Orixe e efectos (non silenciosos). Achegamento dende a perspectiva de xénero” 

Presentadas por Laura Couto, responsable da Área de Igualdade na Directiva de Fuco Buxán, foron interesantísimas as intervencións do abogado Jesús Porta Dovalo nos aspectos xurídicos, do periodista Rober Amado, autor da publicación “Peregrinos del amianto”, a doutora Carmen Diego Roza como Neumóloga do Hospital Aquitecto Marcide de Ferrol. Unidade específica de patoloxías respiratorias laboráis e a de Sara González Veiga, Graduada en Dereito e Relacións Laborais, autora do traballo “Aunque cueste respirar. Estudio del amianto con perspectiva de género”. As ponencias foron seguidas dun instructivo coloquio.

Cabe lembrar que esta A.C. Fuco Buxán fora xa pioneira no 2001 das primeiras conferencias sobre os efectos do Amianto nos traballadores do naval que a tantos protagonistas dos sucesos do 72 e a tantos traballadores e traballadoras de todas as épocas estase levando.

https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/sara-gonzalez-la-ferrolana-premiada-por-un-estudio-del-impacto-del-amianto-en-las-mujeres