Saltar ao contido principal

DIÁLOGOS DESDE LA PERIFERIA , " A SEGUNDA NAKBA PALESTINA: O PROCESO DE PAZ "


 A Asociación Galiza por Palestina, en colaboración coa Fundación Galiza Sempre e a Fundación Araguaney, promoven unha nova cita cos Diálogos desde a Periferia.

A cita será o vindeiro Martes 10 de Maio, ás 20h na sala Oliveira do Hotel Eurostars Araguaney, co título A segunda Nakba palestina: o proceso de paz. A charla co escritor e activista palestino Mohamed Safa contará coa intervención de Ana Miranda Paz, Vicepresidenta da Fundación Galiza Sempre e coa presentación de Angela Gippini, Presidenta de Galiza por Palestina.

A Fundación  Galiza Sempre comezou a inicios da pandemia da COVID-19 un ciclo de conferencias de temática internacional baixo o nome Diálogos desde a Periferia,  concibidos como actos para un público especialmente interesado neste tipo de temáticas. Os poñentes internacionais de recoñecido prestixio realizan unha conferencia dando as chaves sobre determinadas situacións nos seus respectivos países para un público que queira afondar máis na cuestión.

Neste ciclo xa teñen participado o presidente de Bolivia, Evo Morales, o sociólogo portorriqueño, Ramón Grosfoguel, o Premio Nobel da Paz en 1980, Adolfo Pérez Esquivel, a presidenta de Irlanda, Mary Lou McDonald ou o presidente de ERC, Oriol Junqueras, entre moitos outros.

Esta actividade está dentro dunha campaña internacional de visibilización de denuncia da diáspora do pobo palestino co motivo do Día da Nakba e para reafirmar o seu dereito ao retorno ás súas terras.

QUE É A NAKBA?

O 15 de Maio é a conmemoración da Nakba, o desastre. A data que marca a expulsión de milleiros de palestinas dos seus fogares e a limpeza étnica que continúa a exercer o Estado de Israel.

 

Nos últimos anos, asistimos ao ataque diario á poboación árabe en Xerusalén neste estado de Apartheid onde se atenta contra a capitalidade de Palestina e atende aos intereses máis reaccionarios e extremistas que pretende borrar a historia e a presenza da poboación árabe na capital histórica de Xerusalén.

 

Para máis información

 

Angela Gippini Pose, Presidenta de Galiza por Palestina - 654346081

galizaxpalestina@gmail.com

facebook/galizaporpalestina

Tritter: @galizpalestina