O Ateneo Ferrolán acolle este mércores, día 9, ás 19.00 horas, a xornada Tres miradas a Oriente Próximo,
na que os fotógrafos Eloy Taboada, Víctor Rivera e José Pardo proxectarán tres audiovisuais sobre o
traballo fotográfico que desenvolveron en diferentes xacementos de Siria e Palestina da man os proxectos
arqueolóxicos desenvolvidos polo campus de Ferrol en ambos os países ao longo de quince anos. Cada un
deles proxectará un audiovisual con fotografías e música e a continuación terá lugar un coloquio.