Saltar ao contido principal

OPAI TEATRO


 Opaí Teatro está con Dez De Marzo Cincuenta Aniversario.

5th10t3up7 1of4m08sof0in08g  ·

DE MARZO A MARZO

Cincuenta anos despois dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol, un rapaz ten que facer un traballo para a escola sobre este tema. Os máis vellos da familia recordan aqueles tempos de loita mentres o resto das personaxes, e eles mesmos,  se enfrentan aos desafíos da vida actual.

De marzo a marzo é un diálogo constante entre o presente e o pasado, entre o riso e o drama, entre a tenrura e a raiba. Un retrato actual das cousas que cambian co paso da historia e daquelas que parecen non mudar. Unha peza conmovedora que non nos deixará indiferentes.