Estimadas compañeiras e compañeiros,
desde Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, levamos desde 2011 atendendo a
persoas vítimas da desigualdade que cada vez é máis grande, nesta sociedade tan inxusta. Sobre todo son
problemas relacionados coa vivenda, a violencia e a pobreza. Son 207 casos os que levamos ate agora,
casos que implican a centos de persoas, pois moitos deles son parellas ou familias con fillas e fillos. A
nosa función desde a denuncia pública ate a implicación na asistencia na orientación, asesoramento,
acompañamento, xestións, solicitudes, recursos, negociación ... A veces non nos queda máis remedio que
implicar-nos na axuda directa, pois unha vez que coñeces a situación non podes mirar para outro lado.
Contamos coa colaboración de Renzo Arca (Avogado), como de Agamme, a Asociación Diversidade
Funcional de Ferrol e Comarcas e persoas de Cáritas (de Serantes e Narón) e persoal de Con Teito (antes
programa Reconduce da Xunta de Galicia). Así como con Fuco Buxán que nos permite utilizar o local
como punto de encontro. Axudamos a tramitar Risga, IMV, discapacidades, bonificacións, axudas,
buscamos vivenda, ... Por circunstanciais hai persoas que non poden agardar a que cheguen as axudas e as
situacións, ás veces, obrigan-nos a ser nós que paliemos as situacións directamente. E por iso polo que
necesitamos axuda económica urxente. Quen poida apoiar-nos, por pouco que sexa, sempre será moito
. Para contactar pode-se facer con Inácio no 645158113, ou no local de Fuco Buxán (Armada Española,
32 Baixo en Caranza, os luns de 5 a 7 da tarde).