Saltar ao contido principal

RODA DE PRENSA EN NARÓN - DEZ DE MARZO DE 1972



 RODA DE PRENSA EN NARÓN: 

Onte, venres, celebrouse no Concello de Narón  unha roda de prensa presidida pola Alcaldesa Marián Ferreiro Díaz, xunto co concellleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, e Manuel Fernández Pita e Víctor García Novás, Presidente e Vicepresidente, respectivamente, das Asociacións Culturais  Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, para anunciar que dentro dos Actos do 50º Aniversario do Dez de Marzo de 1972, terá lugar no Auditorio de Narón (Praza de Galicia) o venres 25 de febreiro ás 19.30 horas, unha MESA REDONDA que co título: “10 de Marzo do 72. Presente e futuro” estará integrada por Rafael Pillado cofundador das CCOO e do PCG, Sai Alabau, mestra, militante do PCG e presidenta de Asfedro, ambos protagonistas daqueles feitos do 1972,  Xesús Alonso Montero, catedrático emérito de literatura galega, escritor e expresidente da R.A.G., Ánxela Loureiro, mestra i escritora e Xosé Gómez Alén, catedrático, historiador e vicepresidente da Fundación ´Xaime Quesada Blanco´.

As dúas Asociacións citadas, organizadoras destes actos conmemorativos baixo o lema “MEMORIA E DIGNIDADE” agradecemos ao Concello de Narón o seu apoio para a celebración desta primeira Mesa Redonda e dos sucesivos actos que ao longo do ano se levarán a cabo neste concello, así como na totalidade das comarcas de Ferrolterra-Eume-Ortegal.  

http://www.naron.es/web/cat/gal/noticias/get/4881/