Estes días, as compañeiras e compañeiros de Podemos Ferrol recibimos unha noticia que nos encolle a alma e o corazón. O noso querido e admirado compañeiro Rafael Pillado anunciábanos que sofre un cancro producido pola exposición ao amianto e que ademais limitará o seu tempo de vida.
Loitador incansable, a vida de Rafa está marcada pola defensa dos dereitos dos traballadores, da liberdade e a democracia. A historia da nosa cidade e da loita obreira, non só nela senón tamén de toda Galicia, non se entendería sen a achega e loita de Rafael Pillado.
Desde Podemos Ferrol atesouraremos toda a experiencia e memoria que Rafael transmitiunos como unha honra e un orgullo.
Rafael mandámosche todo o noso agarimo e forza.
A túa memoria, o noso camiño. A túa loita, o noso destino.