Saltar ao contido principal

12 DE FEBREIRO ...PENSIONISTA A RÚA


 

O Movemento Pensionista sairá á rúa o 12 de Estes éxitos son unha cara da realidade


 O Movemento pensionista conseguiu parar o máis duro da ofensiva neo-liberal. Mais a outra cara desa realidade é que esa ofensiva man

tense no fundamental. Esta primeira reforma deixa pendentes os seguintes problemas 3:

• O IPC empregado non é o interanual acumulado, senón “o IPC medio”, polo que, lonxe de garantir nada, este ano redúcese un 3% o poder adquisitivo das pensións.

• Non eleva as pensións mínimas a niveis de dignidade para eliminar as pensións de miseria e a brecha de xénero.

• Aparece unha nova figura: o Mecanismo de Equidade Interxeracional (MEI) que pretende derrogar o anterior factor de sustentabilidade. Porén, fala de permitir os recortes das pensións cando o consideren necesario. E non se fai nin unha mención á reposición das cantidades que se desviaron da caixa da Seguridade Social para gastos distintos das pensións (gastos impropios).

• Afondan nos recortes das anteriores reformas das pensións: o atraso da idade de xubilación e a ampliación do prazo de cómputo para o cálculo da base reguladora,…

• E moi importante, déixase o terreo preparado para a privatización, para que outra parte do sector público, neste caso as pensións, vaia a ampliar o campo do negocio privado e financeiro.