Saltar ao contido principal

 Fundación Xaime Quesada Blanco A/A Dª María Jesús Blanco Piñeiro Presidenta da Fundación As 

Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, ambas de Ferrol, co apoio de 

diversas Institucións, Entidades e numerosas persoas, deseñamos un programa de actividades a 

desenvolver durante todo o ano 2022 para conmemorar o cincuenta aniversario dos sucesos de marzo de 

1972 en Ferrol e a súa repercusión en Galicia e máis alá e que actualmente simboliza ao Dez de Marzo 

como o Día da Clase Obreira Galega. Para ilustrar algunhas desas actividades gustaríanos dispor das 

imaxes das obras que Xaime Quessada dedicou aos mencionados acontecementos, polo que solicitamos 

formalmente a autorización oficial da Fundación que Vd. preside. e á que aproveitamos para agradecer o 

seu apoio e colaboración a estas actividades. Á espera da súa reposta saudámoslle atentamente 

desexándolle un solidario e satisfactorio 2022. Ferrol, 30 de Diciembre de 2021


 Susana Alaníz González 

Presidenta da A.C. Fuco Buxán 

Manuel Fernández Pita Presidente da A.C. Memoria Histórica 

Democrática