Saltar ao contido principal

 Fundación Xaime Quesada Blanco 


A/A Dª María Jesús Blanco Piñeiro 

Presidenta da Fundación 

  


As Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática, ambas de Ferrol, co apoio de diversas Institucións, Entidades e numerosas personas, deseñamos un programa de actividades a desenvolver durante todo o ano 2022 para conmemorar o cincuenta aniversario dos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol e a súa repercusión en Galicia e máis alá e que actualmente simboliza ao Dez de Marzo como o Día da Clase Obreira Galega. 


Para ilustrar algunhas desas actividades gustaríanos dispor das imaxes das obras que Xaime Quessada dedicou aos mencionados acontecementos, polo que solicitamos formalmente a autorización oficial da Fundación que Vd. preside. e á que aproveitamos para agradecer o seu apoio e colaboración a estas actividades.


Á espera da súa reposta saudámoslle atentamente desexándolle un solidario e satisfactorio 2022.


Ferrol, 30 de Diciembre de 2021



Susana Alaníz González

Presidenta da A.C. Fuco Buxán


Manuel Fernández Pita

Presidente da A.C. Memoria Histórica Democrática