Saltar ao contido principal

Un Dique Seco Cada Vez Más Necesario NAVANTIA FERROL

 Un dique seco cada vez mais necesario 




A mediados de decembro, as CCOO de Navantia Ferrol reuníase co principal sindicato da construtora naval italiana Fincantieri. A intención desta reunión era comezar unha serie de contactos con distintas organizacións sindicais de varias empresas de construción naval, principalmente para coñecer as condicións laborais dos traballadores e traballadoras das distintas rexións europeas que dedícanse a fabricación de buques militares, coa clara intención de defendelas conxuntamente e evitar competencias desleais que frecuentemente propician a parte empresarial e tanto dano nos fan a clase traballadora. É obvio que nun contexto de sinerxías entre empresas europeas, cando existe ademais unha clara intención de traballar conxuntamente en proxectos europeos de construción de buques militares, os traballadores e traballadoras debemos de confluír na defensa dos nosos intereses, xa que son os mesmos independentemente do lugar onde se traballe. Non ocorre o mesmo coa parte empresarial. As empresas europeas formarán un consorcio para competir a nivel mundial pero tamén abrirase unha competencia interna dentro do propio consorcio. Está claro que os estaleiros mas competitivos fabricarán moitos mais buques. Navantia Ferrol está sen lugar a dubidas na situación mais preocupante das últimas décadas. Está inmersa nun cambio xeracional mal pilotado (as incorporación que asinamos en 2018 deberían de estar xa formadas e aínda non se incorporaron), o tecido empresarial da nosa comarca está totalmente deteriorado o que supón que a nosa cadea de suministros non está preparada, a transformación dixital sofre evidentes retrasos propiciando unha inevitable involución nas ferramentas informáticas, e xa por último, a transformación física das instalacións é totalmente insuficiente. A fábrica de bloques licitada non é o comprometido con Navantia Ferrol, nin sequera é o mais necesario. O importante na transformación física do estaleiro é o cambio na estratexia construtiva. Pasar a construír unha maior porcentaxe do buque a fases tempranas supón un aumento incuestionable da competitividade. O compromiso con este centro de traballo era que pasariamos a construír en dique cuberto. Que explicación nos dan cando preguntamos polo dique? Pois sinxelamente que Navantia actualmente non pode xustificar diante de SEPI e dos Ministerios una inversión tan forte. Ferrol, 10 de xaneiro de 2022 Dende CCOO temos claro porque Navantia non é capaz de xustificar esta inversión a pesar de deixar un estaleiro cunhas instalacións obsoletas competindo cos mellores estaleiros de Europa. O plan industrial pivotaba sobre tres eixos básicos. 1- Plan comercial e de operacións (fundamental mellorala carteira de pedidos), 2- plan de eficiencia operativa/estaleiro 4.0 (transformación dixital e física das instalacións) 3- plan de rexuvenecemento dos planteis, plan de formación e novo marco laboral. A actual dirección incumpriu todos e cada un dos compromisos do plan industrial, por iso é incapaz a nosa dirección de defender unha inversión tan necesaria para o futuro de Ferrolterra, porque xa ninguén cree nesta dirección. Esta sección sindical estudará medidas de presión e se trasladarán ó resto de organizacións sindicais para facer da transformación integral de Navantia-Ferrol o noso principal cabalo de batalla. A continuación axuntamos un comunicado conxunto das CCOO de Navantia Ferrol e do Sindicato Fion _ C GIL de Fijantieri Génova

-