Saltar ao contido principal

RAFAEL PILLADO LISTA. “Homes de Ferro”….

 RAFAEL PILLADO LISTA.

Aquela BAZÁN fabricaba buques de ferro pero fabricaba tamén “Homes de Ferro”….

Neste ano de conmemoracións do 50 Aniversario do Día da Clase Obreira Galega, entre as moitas biografías, sucesos, debats, efemérides… que pasarán por este face e polos Actos que se organicen, pensamos que teñen que ter un lugar destacado as numerosísimas vítimas do Amianto. Ese asasino silencioso e cruel de tantos traballadores do Naval e doutras industrias e de tanta cidadanía inocente do seu prexuízo…

Hoxe - con moita dor - comentámosvos, pola seu expreso desexo, que ao noso querido compañeiro RAFAEL PILLADO LISTA, acábanlle de diagnosticar un mesotelioma pulmonar ocasionado pola asbestosis. 

Coa mesma decisión e enerxía que loitou contra a ditadura, polas liberdades e polos dereitos humanos e cidadáns, está disposto a dar a batalla, até onde poida e co noso apoio, polos dereitos das vítimas do amianto e os seus familiares. 

Desde as Asociacións AGAVIDA, FUCO BUXÁN e MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA, nesa loita, acompañarémolo con todas as nosas forzas. Unha batalla que desde hai máis de 20 anos vimos mantendo contra unha Empresa e un Sistema que ocultou deliberadamente este perigo e as súas consecuencias.

Foto de RAFAEL PILLADO LISTA.

Foto de “Acero sobre el agua” de Ramón Loureiro. Edic. Liceo Rubia Barcia. Edic. Liceo Rubia Barcia.