O "Monte do Estado" alberga, rodeada de eucaliptos, unha das mellores fragas autóctonas do Concello de Ferrol, sendo frecuentada nos seus paseos pola veciñanza da contorna. Ante o perigo que supón para a súa continuidade e a rexeneración natural da fraga a cantidade de rebrotes de eucalipto e novos eucaliptos de semente, as asociacións convocantes solicitaron permiso de actuación ós titulares do monte (A base naval da Graña), que mesmo ofreceron a colaboración do seu personal na xornada.
O punto de encontro será diante da AAVV Castelao de Brión ás 9:00 h da mañá
https://www.google.com/maps/@
Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista no seguinte enlace http://verdegaia.org/brigadas/
As persoas participantes deberán traer roupa axeitada e guantes de traballo, a ferramenta a usar será o machado, agradécese a quen poida que traia o propio aínda que a organización disporá dalgúns para quen non teña.
A area de traballo ten bastante pendente polo que formaremos dous grupos, de modo que as persoas con menor capacidade física ou menos costume de traballo no monte poidan traballar na área menos pendente.
Despois da actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo, (Caldo, empanada, tortilla) para iso e por motivos covid cada persoa terá que traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.
VÉMONOS NO MONTE!!!!