ROLDA DE PRENSA DA PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS
PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN – 20.12.2021
A razón de convocar esta rolda de prensa é o feito de que a encomenda de
xestión das instalacións EBAR, EDAR, emisario terrestre e emisario
submarino, do sistema de saneamento e depuración, caduca o 31 de decembro
deste ano 2021, e esta Plataforma quere facer pública a súa posición ao
respecto. Na actualidade estas instalacións están xestionadas por EMAFESA
como encargada final dun encadeamento de encomendas de xestión por
convenios, entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia,
entre Augas de Galicia e o Concello de Ferrol e un caducado Protocolo de
Execución Concertada entre o Concello de Ferrol e Emafesa.
Outra das razóns é que chegou a coñecemento desta Plataforma a existencia dun
documento elaborado pola propia Augas de Galicia (Xunta de Galicia) para dar
unha saída a esta situación que mantén ademais en conflito aos concellos de
Narón e Ferrol. Tratado nunha reunión a tres bandas (o martes 26 de outubro),
polo que sabemos, sen chegar a ningún acordo. Un documento onde se ofertan
tres saídas diferentes para a xestión das infraestruturas:
• A primeira, que a xestión das instalacións sexa devolta a Augas de Galicia
e que ACUAES siga xestionando os tanques de tormenta, colectores e
interceptores.
• A segunda saída proposta é a creación dun ente supramunicipal que se
encargue da xestión de todo o sistema, coa participación das empresas
mixtas (EMAFESA e COSMA) e que dentro de 6 meses asuma a xestión
do sistema de interceptores que leva ACUAES con VIAQUA.
• A terceira é manter por separado a xestión de cada concello, cunha maior
asunción de carga por parte do concello de Ferrol, como viña sendo até
agora.
➔O concello de Narón manifestou xa o seu rechazo á terceira opción,
apoiando a primeira, que a xestión sexa asumida por Augas de Galicia,
mentres non se crea o ente supramunicipal necesario para darlle unha
xestión de ámbito local.
➔ A postura desta Plataforma coincide con devolver a Augas de Galicia
a xestión do sistema de saneamento e depuración (incluído o que
1 de 3
xestiona ACUAES) porque este ten un carácter supramunicipal e a
xestión debe ser única e centralizada, para optimizar custes e
aproveitar as sinerxías, e porque non se pode confiar na empresa que o
ven xestionando ao longo destes anos pola cantidade de irregularidades e
incumprimentos que desde hai anos ven realizando: lecturas estimadas
abusivas para facerse con liquidez a consta das abonadas; facer definitivo
o que era provisional, aplicando consumos lineais por non instalar
contadores nos barrios de Recimil e San Pablo; cobro de depuración sen
que existise o servizo enganando ate o mesmo goberno municipal; non
facendo ningún investimento no rural, sendo este un dos compoñente para
o cálculo do prezo da taxa que se nos cobra; retención e non pago do
canon concesional; retención despois de telo recadado do canon da auga...
E apoiamos a creación dese ente supramunicipal entre os dous
concellos, sempre que se trate da xestión directa mancomunada
dunha empresa pública que reverta os beneficios en mellorar o
sistema reducindo custes enerxéticos e custes ambientais. Para iso
temos exemplos onde mirar como pode ser o modelo da Coruña,
Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros que constituíron en 2013, a
empresa pública Edar Bens SA, co fin de xestionar de xeito conxunto a
depuración das augas residuais dos cinco concellos, convertendo-se na
primeira empresa supramunicipal de Galiza.
➔Nese sentido tamén queremos engadir que Augas de Galicia debe asumir
a xestión do sistema para transformalo conforme a criterios de
sustentabilidade, respecto ao medio e optimización de custos. Asistimos a
unha suba do custe eléctrico exponencial. O modelo imposto ao concello
de Ferrol é un modelo insostible, que non só é unitario (eliminando a
separación de augas pluviais e residuais), senón que ademais, ten unha
estación de bombeo para lanzar as augas residuais a case 50 metros de
altura para que completen o seu camiño ate a EDAR de Prioriño. Un
despropósito que cada día sae máis caro e que se debe transformar
inspirándose nos modelos antes citados de aproveitamento enerxético e
redución de custes ambientais de EDAR BENS.
➔O goberno municipal de Angel Mato, ante esta situación actúa con total
falta de transparencia, ocultando o documento e sen dar conta do
acontecido nas reunións a tres bandas, sen dar conta nas comisións
informativas municipais, nin convocar xunta de portavoces, ... Actuando
así para continuar na sua liña de favorecer o aumento de negocio da
empresa mixta EMAFESA e o seu socio privado SOCAMEX, que nestas
2 de 3
alturas non deberan xestionar ningún servizo municipal, dadas todas as
irregularidades e incumprimentos que como mínimo deberan estar
recollidos nun expediente administrativo por incumprimento de contrato.
A Plataforma reiteramos:
1º Que Augas de Galicia debe asumir a xestión do servizo de saneamento e
depuración no seu conxunto mentres non se cree o ente supramunicipal que se
faga cargo da xestión a nivel local.
2º Que Augas de Galicia debe asumir as transformacións necesarias do
sistema para facelo máis sostíbel (transformación gradual nun sistema
separativo, innovación tecnolóxica, aproveitamento das augas residuais -biogáse a súa caída como fonte de enerxía, turbinas eólicas, enerxía solar,
optimización e redución dos custes eléctricos...) seguindo o modelo da nomeada
empresa supramunicipal pública EDAR BENS.
3º Exiximos transparencia e compromiso na defensa dos intereses das
veciñas e veciños de Ferrol, por parte do Alcalde, señor Mato e o seu
goberno, facendo fronte común co concello de Narón, poñendo punto e final
aos abusos da empresa EMAFESA no noso concello, impedindo que aumente
de xeito irregular o seu volume de negocio .
4º O fin último desta Plataforma é recuperar para a xestión pública os
servizos básicos agora privatizados... Sabemos que a maioría da
representación política no Concello non está pola labor, mesmo no caso da
limpeza viaria e recollida de residuos sólidos, que terían agora a oportunidade,
prefiren estar cunha prorroga ilegal dun contrato caducado hai 7 anos, a rescatar
o servizo para a xestión pública. No caso concreto do servizo de saneamento e
depuración estaría complicado porque neste momento, na corporación
cohabitan o alcalde e dous ex-alcaldes, cuxa política propiciou a posición de
abuso e impunidade da empresa EMAFESA e o seu socio privado SOCAMEX,
que cobrou á veciñanza máis de 7 millóns de euros por un servizo que non
prestaba. Cobrando-nos como se foran máis de 67 millóns de m³ de augas
residuais as que pasaron pola depuradora, cando na realidade só foron pouco
máis de 9 e cobrando como si se consumiran máis de 37 millóns de Kw/h cando
en realidade só foron pouco máis de 7. Cargando deste xeito os falsos custes,
de 31 meses do período que durou a reparación, arranque, posta en marcha e
probas do sistema, a unha parte da veciñanza de Ferrol.