Saltar ao contido principal

Declaración de Movemento Feminista

 DECLARACIÓN DO MOVEMENTO FEMINISTA GALEGO A RAÍZ DO NOVO ATAQUE DENUNCIADO POLA ACTIVISTA SAHARAUI SULTANA SID BRAHIM KHAYA O movemento feminista galego envía unha mensaxe de apoio e solidariedade á activista saharaui Sultana Khaya e á súa familia (a nai ten 82 anos e hai un menor de 12 anos), logo de ter sido de novo agredidas na madrugada do 5 de decembro, segundo elas mesmas denuncian nun vídeo difundido por Equipe Media Sahara, por forzas paramilitares marroquís no seu domicilio na ocupada cidade de Bujador. O arresto domiciliario da activista e da súa familia iniciouse o 21 de novembro de 2020, xusto dous días despois do regreso de Sultana de España, e dende hai máis dun ano sofren constantes e brutais ataques no seu domicilio con substancias tóxicas, agresións físicas, agresións sexuais, inoculación de substancias químicas descoñecidas e unha posible infección non accidental co virus da Covid-19. As asociacións feministas non podemos permanecer en silencio ante esta constante violación de dereitos da que están a ser vítimas a Presidenta da Liga Saharaui para a Defensa dos DDHH e contra o Espolio dos Recursos Naturais así como as súas familiares. Por cuarta vez dende o inicio do arresto domiciliario as activistas denuncian ter sufrido agresións sexuais por parte de paramilitares marroquís, nunha clara mostra do que Laura Segato define como novas formas da guerra: “as novas formas da guerra, caracterizadas pola informalidade, despréganse hoxe nun espazo intersticial que podemos caracterizar como para-estatal (...). Nesa esfera de para-estatalidade en franca expansión, a violencia contra as mulleres deixou de ser un feito colateral da guerra e converteuse nun obxectivo estratéxico deste novo escenario bélico” 1 . Trátase ademais dunha violencia que toma como terreo de combate o corpo das mulleres e como medio a violación e outras formas formas de violencia sexual. Parafraseando a Silvia Federici, debemos ter en conta que neste escenario “a violencia contra as mulleres é un elemento esencial nesta nova guerra global, non só a causa do horror que evoca ou as mensaxes que envía, senón polo que representan as mulleres, capaces de manter unida á súa comunidade e defender concepcións non comerciais da seguridade e a riqueza” 2 . Así pois: Condenamos rotundamente a violación sistemática de dereitos do pobo saharaui que se materializa dende a entrada de tropas marroquís en territorio saharaui en novembro do ano 2020, entre outros actos violentos, no arresto domiciliario e constantes agresións á activista Sultana Khaya e á súa familia. Esiximos ao goberno español que condene a vulneración dos dereitos do pobo saharaui por parte do goberno marroquí e, no caso que nos ocupa, inste ás autoridades marroquís a liberar á familia Khaya do arresto domiciliario ao que está sendo sometida. 2 Brujas, caza de brujas y mujeres. Silvia Federici. Traficantes de sueños. 2021. 1 Las nuevas formas de la guerra y el cuerpo de las mujeres. Rita Laura Segato. Revista Sociedade e Estado. Volume 29, número 2, 2014. Esiximos ao goberno de España que, como autoridade administrativa responsable de asegurar a paz na zona e de guiar o proceso de descolonización do Sahara Occidental por parte de Marrocos, realice as acción pertinentes que conduzan ao abandono do exército marroquí dos territorios saharauis e o cese da violencia contra o pobo saharaui. Que os feitos denunciados por Sultana Khaya dende o inicio do arresto domiciliario en novembro de 2020 sexan investigados polo Tribunal Penal Internacional. Que a MINURSO (Misión de Nacións Unidas para o Referendo no Sahara Occidental) realice de forma efectiva o seu cometido e que se estableza un mecanismo de vixilancia que permita coñecer o estado de cumprimento de Dereitos Humanos que garanta a non violencia así como a celebración