Saltar ao contido principal

[Libro] "Un grano de arena sí hace una montaña"

Coñecimos a Xudit Casas a través do noso programa de radio, A Xanela das Fucas. Xudit presentaba o seu documental "Amar en libertad" nos cinemas Dúplex e aproveitamos a ocasión para falar con ela, telefónicamente, sobre a devandita obra audiovisual.

Posteriormente, acudimos á presentación do filme, o cal provocaba unha deconstrucción sobre a nosa forma de entender as relacións amorosas e románticas, sendo o eixo central das mesmas os coidados. Tamén coñecemos a esta directora de cinema e xornalista e, por tanto, a súa profesionalidade e calidade humana.

Todas estas circunstancias leváronme a comprar o seu primeiro libro de relatos sen pensalo: "Un grano de arena sí hace una montaña. Relatos para formar una cordillera."


O meu instinto non fallou. É un libro no que, considero, os coidados seguen sendo o centro do seu relato, aínda que quizais os atopemos dunha maneira un tanto máis simbólica. 

Identificarémonos e recoñeceremos, en maior ou menor medida, nos dezanove relatos que compoñen o libro. Como profesional dos RRHH sentinme bastante identificada con certos relatos; con aquel papel de ogro que, supostamente, debe exercer os e as responsables de persoal, tan afastado da empatía e da realidade das persoas. 

Como ex-empregada dun centro especial de emprego, vin esa normalización respecto a aquelas persoas que ao parecer non temos dificultades para integrarnos na sociedade en contraposición coas persoas con discapacidade. Cando resulta que as barreiras nolas poñemos como grupo e sociedade en conxunto. Quizais todos e todas sexamos funcionalmente diversas. Esta normalización tradúcese nunha discriminación cara ás persoas con discapacidade en todos os ámbitos da vida.
No soporta el capacitismo, que es la discriminación que sufre de las personas que son, a ojos de la sociedad, capaces en todos los sentidos. Se pone como una furia con este tema.
Como muller, e intrinsecamente feminista, agradezo que Xudit abordase esta obra a través da perspectiva de xénero, segundo a cal, todas poderíamos compartir situacións similares ás que nos sinala. É un exercicio para romper os estereotipos sexistas tan naturalizados.
Menospreciar al rival por su género hace que, si se pierde, la derrota no sea solamente numérica, sino que toda la masculinidad expuesta acaba agotada mirando desde el banquillo.
Todo iso leva dunha maneira implícita esa retranca que tanto nos caracteriza ás galegas e aos galegos.

Para saber máis sobre a autora: