Saltar ao contido principal

Entrevista a Belén Fernández Suárez sobre a Revista Atlánticas de Estudos Feministas: A saúde na teoría e as vindicacións feministas

A Xanela das Fucas convida a Belén Fernández Suarez para conversar sobre o número 4 da revista Altlanticas. Atlánticas Revista Internacional de Estudos Feministas que nace no marco do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF). É unha revista de teoría feminista que diríxise sobre todo aos lectores e lectoras peninsulares e de América Latina e que parte dun enfoque interdisciplinar dentro dos estudos de xénero.


Este monográfico está dedicado á saúde das mulleres. No feminismo contemporáneo, o ámbito da saúde é unha das áreas obxecto de estudo e análise crítico, de teorización e investigación. Os estudos e investigacións feministas puxeron de manifesto que os discursos sobre a saúde, o malestar e a enfermidade das mulleres, as prácticas clínicas e profesionais, as ciencias e as políticas sanitarias foron históricamente ferramentas imprescindibles do patriarcado para o control e a subordinación das mulleres. 

Por iso, o campo da saúde é tamén obxecto de mobilización feminista, de vindicación de políticas públicas dirixidas á transformación das ciencias e as institucións sanitarias, á formación de profesionais no paradigma feminista e á creación de novos protocolos de atención ás problemáticas de saúde das mulleres. 


Moitas grazas Belén, pola túa disponiblidade. 
Convidada: Belén Fernández Suárez.
Fucas que participan: Chelo Carballal Balsa. 
Audios: Pilar Pascual mesa redonda AMS.
A música que escoitamos: A sintonía do programa: La Vita E Bella, (Nicola Piova); Mi cuerpo es mío (Krudas Cubensi); Los senos (Femina).