Saltar ao contido principal

COMUNICADO 8M FUCO BUXÁN



O Día Internacional da Muller non é un día feliz, é un día de loita. As feministas non felicitamos este día porque o consideramos como unha xornada especial de denuncias, reivindicacións e reflexións para reflexar a opresión á que está sometida a metade da poboación a través do sistema patriarcal, o cal sae reforzado polo sistema capitalista, creando e reproducindo unha violencia de xénero estrutural.

O 8 de marzo do pasado ano foi un punto de inflexión, xa que a acollida da folga de mulleres como as manifestacións que tiveron lugar no conxunto do Estado foi moi significativa, a que Fuco Buxán apoiou de forma activa. A partir de ese momento, o movemento feminista comezou a falar do inicio da cuarta ola do feminismo, pois este movemento ten unha dimensión global até agora nunca vista. Para este 8 de marzo de 2019, a asociación cultural Fuco Buxán participa activamente nas asambleas abertas de Galegas 8M na comisión de comunicación, esperando que a acollida da folga supere as nosas expectativas e poida confirmarse o inicio da cuarta ola.

Fuco Buxán apoia esta folga nos diferentes eidos: laboral, de consumo, estudantil e de coidados. A desigualdade laboral e salarial é un aspecto afectado pola división sexual do traballo e a segregación laboral, onde as mulleres ocupan o mercado secundario de traballo. O factor consumo é unha denuncia contra un sistema económico no que a distribución da riqueza non é equitativa. Observamos un sistema educativo que perpetúa as desigualdades por razón de xénero a través do currículo oculto que reproduce os estereotipos e roles tradicionais. O concepto de coidados é o máis complicado de entender, aínda que é un concepto chave. Éste básease nun cambio de paradigma, no discurso da economía feminista de poñer a vida no centro, desplazando o capital e a repercusión que tería no sistema económico actual. O sistema actual peca dun sesgo androcéntrico que invisibiliza os traballos realizados por as mulleres fora do mercado laboral e desvaloriza os que se realizan en dito mercado. Polo tanto, abogamos por políticas feministas, de forma transversal, procurando un cambio da realidade socio-económica para fomentar unha sociedade máis equitativa e vivible.



Lectura do comunicado no Foro sobre Prostitución que tivo lugar o 1 de marzo: