Saltar ao contido principal

Comunicado en apoio á decisión do Resurrection Fest

Tras a polémica surxida por a confirmación da banda estadounidense As I Lay Dying no Resurrection Fest para a edición do ano 2019, A Xanela das Fucas, como área da muller da asociación cultural Fuco Buxán, quere manifestar o seu total apoio a decisión tomada pola organización do festival de retirar a banda. 

A polémica xordeu porque o cantante de devandito grupo, Tim Lambesis, estivo en prisión por contratar a un sicario para intentar matar a súa exparella. Nun festival onde nada máis entrar no recinto encontrámonos con un punto lila ou violeta para fomentar espazos libres de violencias machistas é incoherente a participación de dita banda no festival. 

Tras diversas peticións para cancelar o concertó de este grupo, a organización lanzou un comunicado confirmando que esta edición non contará con As I Lay Dying porén, querían contar co mesmo como unha forma de apoiar o dereito á reinserción social: "Creemos en la reinserción social y en el derecho a las personas a rehabilitarse tras haber cumplido una condena". 

Queremos recalcar que, aínda co perdón das víctimas, consideramos que o sistema xudicial americano é punitivo e non ten aras de fomentar a reinserción social das víctimas e cómplices de un sistema patriarcal, según o cal puido saír do cárcere 4 anos antes, cumpriu dous anos de condena dos seis previstos por sentenza. Por outra banda, ademáis de ser punitivo e non ter este carácter de reinserción, temos que falar dos estereotipos de xénero. Non podemos olvidar que o sistema establece relación de poder entre homes e mulleres, ademáis da variable xénero podemos ter en conta a raza e a clase, a reinserción faise un primeiro para paso pero é necesaria unha reeducación que fomente valores igualitarios e que rompa cos prexuizos de xénero. 

Consideramos que a organización do Resurrection Fest leva facendo un traballo estupendo desde os seus inicios, onde sempre disfrutamos dun ambiente moi familiar. Por tanto, queremos manifestar o noso apoio á organización e que siga loitando pola igualdade de xénero.