Conferencia de Juán Carlos Monedero "Democracia alegre contra el miedo triste" [Ciclo Democracia e Compromiso]
Dende a xunta directiva da Fuco Buxán, A.C. queremos informar do vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso:
Conferencia de Juán Carlos Monedero Fernández, venres día 4 de marzo ás 20:00 horas na Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol:
Juán Carlos Monedero Fernández (Madrid, 12 de xaneiro de 1963) é un politólogo, profesor en varias universidades, ensaísta e político español, colabora en varios medios de comunicación, tanto de prensa como televisión. O venres 04 de marzo ás 20:00 horas no Centro Cultural Carvalho Calero (Inferniño), Ferrol.
A Asociación Cultural Fuco Buxán vén de celebrar varios actos dentro do ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO que permitiron achegar diferentes informacións en ámbitos moi diversos e necesarios de poñer en coñecemento da sociedade ferrolá.
A Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo, que baixo o título xenérico, DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.
CICLO DEMOCRACIA E COMPROMISO