Saltar ao contido principal

Foro Galego de Inmigración: Acto Público para o acceso á Nacionalidade.

 ACTO PÚBLICO  DE DENUNCIA DOS NOVO REQUISITOS DISCRIMINTARIOS PARA O ACCESO Á NACIONALIDADE E EN CONTRA DOS INFORMES DE INTEGRACIÓN

RECORDADE A TOD@S ÁS QUE POIDADES QUE MAÑÁ DÍA XOVES 28 DE XANEIRO Á PARTIR DAS 17:00 H QUEDAMOS DÍANTE DA ACADEMIA IRIA FLAVIA (RÚA PÉREZ CONSTANTI Nº 18) EN SANTIAGO PARA FACER UN ACTO PÚBLICO DE DENUNCIA NO LUGAR ONDE SE DESENVOLVERÁ, DENDE ÁS 18:00 H, A PRIMEIRA DAS PROBAS DE CULTURA XERAL QUE SE CELEBRA EN GALICIA (UN DOS NOVOS REQUISITOS PARA PODER SOLICITAR A NACIONALIDADE ESPAÑOLA ).

Xuntamos o texto de Posicionamento do Foro sobre esta Cuestión.


POSICIONAMENTO DO FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN EN RELACIÓN CO NOVO PROCEDEMENTO DE ACCESO Á NACIONALIDADE ESPAÑOLA E EN RELACIÓN COS INFORMES DE INTEGRACIÓN

1.- O NOVO PROCEDEMENTO DE ACCESO Á NACIONALIDADE ESPAÑOLA: MÁIS DISCRIMINATORIO, MÁIS CUSTOSO E PRIVATIZADOR.
O novo procedemento de acceso á nacionalidade española, que establece a nova Lei de Rexistro Civil que entrou en vigor o pasado mes de outubro , implica engadir as xa duras e difíciles condicións que establecía a anterior Lexislación as seguintes :
- Unhas taxas administrativas de 100 Euros, novidade que evidentemente non pode ter máis que afán recadador e que afecta a un dos colectivos máis penalizados pola dura Crise Económica que aínda sufrimos.

- A realización para todas as persoas que o soliciten dunha proba de cultura española obrigatoria, que é fondamente discriminatoria xa que as persoas migrantes que solicitan á nacionalidade precisan xa un tempo de estancia regular amplo., e non se esixe para as persoas nacidas en territorio español que teñen esa nacionalidade. Esa proba, dependente do Instituto Cervantes, que convenia con entidades privadas á realización da mesma ao longo do territorio español ademais :

- Esixe un novo desembolso económico (85 Euros)

- Precisa dun procedemento dixital de inscrición, claramente non accesible para todas as persoas interesadas.

- Esixe en moitos casos un desprazamento importante, xa que en Galicia, só unha Academia privada situada en Santiago de Compostela desenvolve esta proba.

- É unha proba única e simultánea (como se falaramos dun proceso de oposición públicas), mensual (o último xoves de cada mes, ás 18:00 h, excepto os meses de decembro e agosto) e con prazas limitadas, o que supón un problema importante xa que debe harmonizarse con outras documentacións imprescindibles no proceso, como os certificados de penais que teñen caducidade temporal.

- É unha proba difícil, tendo en conta que podemos falar de persoas maiores, con escasa formación previa, etc . É imprescindible aprobala, non basta con presentarse á mesma.

- Abre camiño a un proceso privatizador lamentable , xa que é unha Academia privada, no caso de Galicia, a que se beneficia deste requisito. Esa Academia de forma absolutamente inmoral ofrece un curso preparatorio bastante custoso previo á mesma. Obviando á posibilidade de que foran entidades públicas, os concellos por exemplo, ás que de forma gratuíta desenvolverán á mesma.

- Implica para as persoas que o soliciten que non tiveran como lingua materna o español, tamén de forma obrigatoria, a acreditación dun nivel de coñecemento da lingua española equivalente o A2. Isto supón unha segunda e tremenda discriminación para o colectivo de migrantes que non proceden orixinariamente de Latinoamérica. Na práctica supón a necesidade de obter esta acreditación en entidades públicas ou privadas habilitadas para esta actividade. Supón novos gastos (140 Euros de matrícula)) e novas dificultades para persoas non necesariamente acostumadas a estudar e ás que se lles esixe un nivel de coñecemento da lingua española que non se lle esixe as persoas que teñen esa nacionalidade por nacemento.

- O conxunto do proceso de obtención da nacionalidade suporía un custo mínimo no entorno dos 325 Euros por persoa, sen contar os desprazamentos, superando esta tremenda carreira de obstáculos no primeiro intento.

1.- OS INFORMES DE INTEGRACIÓN: DISCRIMINATORIOS, DE MOI DUBÍDOSA EFICACIA, E TAMÉN CUSTOSOS EN TEMPO .
A Xunta de Galicia no DOG do 10 de decembro de 2015, estableceu a normativa para o desenvolvemento no ámbito da nosa Comunidade Autónoma destes Informes que recolle a Lexislación estatal de Estranxeiría. Os Informes son unha documentación non obrigatoria que a persoa estranxeira pode incluír na súa renovación de autorización de residencia e traballo, e que poden substituír o cumprimento doutros requisitos da Renovación.

- En primeiro lugar a mera esixencia de xustificación de “integración”, concepto tan discutible, supón unha lamentable discriminación e unha forma máis de racismo institucional que establece o Estado Español en colaboración aquí coa Xunta de Galicia.

- En segundo lugar o carácter totalmente discrecional do “poden substituír”, non garante que a aportación do mesmo permita obter á renovación solicitada. Se existen eses informes, alomenos o Ministerio do Interior debe establecer normativamente que substitúen o cumprimento doutros requisitos e garantir polo tanto a obtención da Renovación solicitada ás persoas que os aporten.
- Atopámonos ademais na regulamentación galega, nun cursiño moi longo, de 40 horas para obter eses Informes de Integración, impartido por ONGs, o que supón gastos, desprazamentos, esixencia de estudos para persoas non necesariamente acostumadas, etc. Unha discriminación e unha dificultade importante, de novo para moitas persoas.

3.- POLO TANTO, O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN DIANTE DESTA SITUACIÓN , ESIXE:
- Eliminación das dúas novas probas obrigatorias no proceso de acceso á nacionalidade española e das taxas administrativas novas incorporadas ao proceso, antes gratuíto.

- Mentres isto non sucede, alomenos establecemento de convenios con entidades públicas, os concellos fundamentalmente, para a realización de probas sinxelas e adaptadas á formación e traxectoria das persoas examinadas. Garantía do carácter gratuíto das mesmas e da posibilidade realizalas nos concellos de residencia. Debe impedirse que empresas privadas se beneficien, e de que maneira, da realización destas probas.

-Eliminación por fondamente discriminatorios dos chamados “Informes de Integración “ . Substitución dos mesmos por outros mecanismos que flexibilicen o proceso de renovación das autorizacións das persoas sen ter que acudir a este modelo racista.

-Mentres o anterior non sucede, garantía de utilidade clara dos citados Informes nos procesos de renovación das autorizacións. Simplificación e adecuación dos mesmos á formación e traxectoria das persoas interesadas. Nese sentido un curso moito máis curto e que poida impartirse nun só día, debía ser suficiente.

FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN
Rúa San Roque 6-bis. C.P. 15704 - Santiago de Compostela
foroinmigracionsantiago@yahoo.es - 981-576 142
www.forogi.wordpress.com