Saltar ao contido principal

Marcha Mundial das Mulleres: Roteiro da Explotación.


 
A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convidámosvos a facer con nos o ROTEIRO DA EXPLOTACIÓN baixo o lema RANA PLAZA ESTÁ EN TODAS PARTES.

Sairemos o venres día 24 de abril da Praza do Concello de Ferrol ás 19h. e continuaremos pola rua Real ata Amboaxe.

Temos nesta rua unha mostra de todas estas firmas ás que denunciamos como provocadoras desta masacre en Rana Plaza e noutros moitos lugares do mundo.

Este 24 de Abril, recordamos a masacre de Rana Plaza en Bangladesh onde no ano 2013, morreron e se feriron máis de 1000 mulleres ao se derrubar o edificio onde amoreadas, en condiciones inhumanas e a cambio dun salario inmoral, traballaban para marcas occidentais tales coma Benetton, The Children's Place, DressBarn, Mango, Monsoon e Primark, así como para empresas de distribución coma El Corte Inglés.

E estas historias que nos poden parecer lonxanas, non escapan a realidade da industria textil galega; onde observamos coma grandes firmas coma INDITEX, deciden deslocalizar a producción de roupa en Galicia provocando graves condicións de explotacións noutras partes do mundo e numerosas perdas de emprego no país.

Nós, militantes da Marcha Mundial das Mujeres, unidas en solidaridade, estamos xuntas para denunciar a codicia capitalista e o patriarcado que explotan y expropian os cuerpos das mulleres e o seu traballo productivo.