Asociación Cultural Fuco Buxán

IV Edición de “As Meninas” en Canido



Os vindeiros sábado e domingo, 7 e 8 de setembro, celébrase en Canido a IV Edición de “As Meninas” acto cultural, festivo e reivindicativo xa perfectamente consolidado, que encherá o barrio de artistas e creadores – locais e forasteiros - do mundo das ártes plásticas, da música, danza, poesía, fotografía.... e sobre todo de cidadás e cidadáns que pretenden con este xesto salientar a importancia deste barrio emblemático de Ferrol e criticar de xeito constructivo a deixadez para con él de todas as institucións.

A Asociación Cultural Fuco Buxán, como entidade colaboradora do evento, convida aos seus socios/as e amigos/as a participar nesta festa reivindicativa, colaborando e apoiando aos organizadores.

Ligazóns:






A+ | a-

Séguenos no Twitter