Valoracion do CCE ante visita á Ría da Delegacion do Parlamento Europeo
Álbum fotográfico 1
Documento entregado á Delegación
Álbum fotográfico 1
Documento entregado á Delegación
No dia de hoxe, o CCE xunto con representantes das Confrarias acompañou a delegacion dos parlamentarios Europeos no seu percorrido pola Ría, desprazándose a ver, in situ, a instalación da planta de gas de Reganosa e a ensenada da Gándara. Posteriormente realizouse una xuntanza onde tomaron a palabra, membros titulares da Comision, representantes do CCE e representantes da Xunta, namentras tiña lugar unha concentración convocada polo Comité demandando o peche da planta, e queiran oun eso e corrupción.
Fronte as instalacións de Reganosa, os membros do CCE, (Manuel Rodríguez Carballeira, Coordinador, Luz Marina Torrente, da A. VV de Mehá, Humberto Fidalgo, de ADEGA, e Bernardo Bastida, exPatron Maior da Confraría de Ferrol) explicaron a situación de ilegalidade da planta tras a sentenza do Supremo, a perigosidade da mesma, a ameaza que supón para a cidadanía, o incumprimento de toda a lexislación medioambiental e de seguridade. A continuada destrucion da Ría como consecuencia do uso fraudulento da auga do mar no proceso de regasificación, o recheo ilegal no que se asenta Reganosa, todo coa compliciade institucional nos diferentes escalóns, nos enganos da Xunta de Galicia que ten autorizado - a Reganosa e Forestal do Atlántico - o verquido de 400.000 toneladas diarias á Ría afectando drásticamente a redución das capturas de marisco. Aclarouse tamen que a planta é innecesaria, que a media de producion está sobre o 30%, que manteñen o gasoducto de Tui pechado, que nos costa aos cidadáns perto de 60 millóns de euros o ano. Diante da ensenada da Gándara o Patrón Maior da Confraria de Ferrol amosóulles os efectos dos verquidos a Ria O CCE fixo entrega ao Presidente da Comisión dun amplo dossier informativo sobre a Planta de Gas, fotografías e mais un exemplar a cada un dos parlamentarios do libro “Muros de silencio: Corrupción e ameaza na Ria de Ferrol, o caso Reganosa”. Explicóuselles que a reubicación da planta no interior, estando programada no Porto Exterior, obedece a un caso de corrupción politicio-financieira..
Os membros da Delegacion quedaron abraidaos ante o que veron, incluso na Reunion chegaron a preguntar se non había alguén procesado, diante de tal barbaridade, preguntaron polo tema da sguridade e como fora posible tamaño dislate, estando presente a delegación da Xunta de Galicia. A delegación europea tomou boa nota, reconocendo que a realidade do que viran sobrepasaba todo o que podían imaxinar.
O CCE , a partires do documento entregado, fara unha nova ampliazón da denuncia ante a Comisión de Peticións, demandando o peche de Reganosa.
O CCe valora positivamente a visita da Delegación Europea , apesares dos anos transcorridos desde Novembro de 2001 cando una representación do CCE se despalzou a Bruselas.
O CCE tamen quere constatar, que fracasou o intento de ocultar a maior ameaza mediambinetal e para a seguridade das persoas que supón a planta de Reganosa. O paradigma da corrupción dos ultimos anos, sendo precisamente a denuncia 1322/2007, presentada polo CCE, Confraría de Ferrol e IU, o obxeto central da visita.
¡ PLANTA DE GAS FÓRA DA RÍA !
Grupo
parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda
Alternativa Galega de Esquerda coincide
co diagnóstico da delegación do Parlamento europeo sobre a alta contaminación
na ría de Ferrol
·
A
viceportavoz do grupo parlamentario, Yolanda Díaz, afirma que a planta de gas
de Reganosa “é un exemplo da mestura corrupta entre política e negocios”
Santiago
de Compostela, 13 de febreiro de 2013.-
Unha delegación
do Parlamento Europeo, formada por oito eurodeputados, comprobaron esta mañá á
forte contaminación existente nunha ría ateigada de agresións como é a de
Ferrol cos constantes vertidos de Reganosa
e a falla de saneamento e que a vicevoceira de Alternativa Galega de Esquerda
ten denunciado máis dunha ocasión.
O voceiro da delegación
, Philippe Boulland, destacou a grave ameaza a que están sometidas as zonas de
explotación marisqueira. Os membros da delegación chegaron a preguntar ás
autoridades da Xunta canta xente estaba no cárcere despois de comprobar a forte
contaminación. Así, o presidente da delegación nunha reunión coa delegación do
Comité e das confrarías manifestou que o affaire Reganosa non podía, nin moito
menos, darse por pechado.
Alternativa Galega de
Esquerda insta á Xunta de Galicia e o Ministerio a que resolvan o que
consideran as hipotecas que están a lastrar a ría de Ferrol como son os vertidos de Reganosa, o perigoso tráfico
que supoñen as instalacións gaseiras no interior da ría e os continuados
atrasos para realizar o saneamento integral da ría que impiden a actividade
marisqueira. A esta grave situación súmase a ameaza que formula o ministerio de
fomento coa pretención de construír uns accesos ao porto exterior que suporían
a morte da enseada de A Malata.
Ao fío da visita da
delegación europea a vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz, reafirmou hoxe na
pregunta formulada ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a
corrupción derivada da maridaxe entre política e negocios privados que supón a
planta de gas de Reganosa. Desde AGE quere manifestar o apoio ao Comité Cidadán de Emerxencia co que seguirá a
traballar para acabar coas ilegalidades e irregularidades que contaminan o
affaire Reganosa.
Grupo
parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda
--
Visita a nosa web: www.comitecidadan.org
Tamén en Twitter : @ComitCEmerxenc
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
...........
Para axudas económicas:
C.c. en Banco Santander, titular: Luz Marina Torrente e outros
Desde España:
00493315772894017995
Desde o Extranxeiro:
ES 71 00493315772894017995