Asociación Cultural Fuco Buxán

SOLIDARIEDADE C@S TRABALLADORES DO DIARIO DE FERROL




 A Asociación Cultural Fuco Buxán, súmase ao Chamamento d@s traballadores/as do Diario de Ferrol:

Transcorrido máis dun mes de espera sen ter obtido resposta á nosa reclamación de constituir unha nova mesa de negociación que abordara alternativas para evitar a deslocalización da sección de Infografía, e logo de serlle comunicada aos tres afectados a rescisión dos seus contratos, os traballadores de Diario de Ferrol vémonos na obriga de saír de novo á rúa para expresar o noso descontento co xeito de proceder da empresa.

Consumada esta medida, volvemos insistir nas consecuencias negativas que terá tanto para a autonomía deste xornal como para o seu propio funcionamento, consecuencias que consideramos que a dirección non calibrou ben.

Volvemos saír á rúa porque é a única arma temos. Eles preferirían que non o fixéramos, que todo quedara na casa e que achantáramos sen máis. Pero os nosos principios impídennos ficar calados e abandonar os nosos compañeiros á súa sorte. Marcharán, pero non sen que os seus compañeiros se moveran por eles.

Como dixemos a finais de decembro, tiñamos e temos propostas e alternativas que non quixeron valorar en serio. Coa situación actual e a nova lexislación laboral na man, teñen todas as de gañar, pero, repetimos, non por iso nos imos resignar.

Así, pois, convocámosvos a apoiarnos asistindo a unha nova concentración o vindeiro xoves, día 7, ás 11.00 horas fronte o edificio do Concello de Ferrol.


Agardamos a vosa presenza! 
Moitas grazas polo voso apoio!
A+ | a-

Séguenos no Twitter