Saltar ao contido principal

Programa "Sin Fronteras" na canle 93.9 RadioFilispiM.




Este mércores 6 de febreiro, na canle 93.9 FM, RadioFilispiM, a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos, ofrecerase a emisión dun novo programa de "Sin Fronteras" un programa para a Inmigración, para a comunidade latina, para os dereitos humanos, para Ferrolterra e para o mundo. Desde as 20:00 Horas ata ás 21:50 Horas. 

Haberá; no programa de hoxe, moitas noticias de aquí e de alá, música, poesía, invitados

O tema de hoxe tratará sobre a Memoria, a verdade e a Xustiza. Falaremos con Uruguay con Martha Passeggi.


Recordade que o programa tamén se emite vía Streaming para escoitalo en directo desde internet a través do seguinte enlace:

http://giss.tv:8001/radiofilispim.ogg

Logo da emisión, podedes escoitar o programa en Podcast desde a páxina de Facebook de SinFronterasrf.


Para poñerse en contacto con nós, antes, durante, ou despois do programa, polas seguintes vías: 

o Teléfono: 981 37 10 40


o Email: sinfronterasrf@hotmail.com


oFacebook: www.facebook.com/Sinfronterasrf