Saltar ao contido principal

"Galegos en Mauthausen" en Canido Ferrol

 

 O vindeiro venres, día 15 de febreiro e organizado pola Asociación Cultural Muinho do Vento, de Canido (Ferrol), celebrarase unha conferencia a cargo do historiador Enrique Barrera: "Galegos en Mauthausen", a partires dás 20:00 Horas no local da Sociedade Galega de Historia Natural, (antiga Casa do Coronel-Porta de Canido). 
 
Enrique Barrera fará un longo pero á vez breve percorrido por este campo de concentración, e falará de como era a vida e os traballos desenvolvidos polos galegos. 

O historiador facerá especial énfase en como lograron estes presos sobrevivir grazas a solidariedade amosada entre eles, deste xeito trasladarase ao momento da crise actual que vivimos, e apelar á solidariedade de tod@s.

 A partires dás 20:00 Horas no local da Sociedade Galega de Historia Natural, (antiga Casa do Coronel-Porta de Canido).