Saltar ao contido principal

Pleno Ferrol Stop Desafiuzamentos en Ferrolterra

da representante de Stop Desafiuzamentos


Hai uns días no Pleno do Concello de Ferrol se debateu diferentes Mocións sobre o tema dos desafiuzamentos, das que só unha foi aprobada: a presentada por EU, para crear unha bolsa de pisos baleiros de Recimil para familias sen recursos, aínda que sen precisar o seu número e «sempre que cumpran as condicións de habitabilidade», como pediu que se modificase o PP.


A maioría absoluta do Partido Popular rexeitou as restantes:


A comisión mixta para frear os desafiuzamentos que defendía EU, na que estarían representados todos os partidos e as entidades veciñais e sociais, co obxectivo de buscar as alternativas necesarias para evitar calquer desafiuzamento, e no caso de producirse éste, garantir o realoxo digno da familia afectada.


Outra de EU: Unha bolsa de pisos baleiros para ás familias sen vivenda e sen recursos, cunha fórmula de aluguer social «cuxo importe non excedería do 30% dous ingresos dá unhaidade familiar».

A petición do PSOE da creación dun parque público de vivendas de aluguer social, que se complementara cunha bolsa de pisos privados e medidas contra os desafiuzamentos. E a través dunha segunda mofición, a creación dun centro de acollida e inclusión social.

A proposta do BNG de modificar a Lei Hipotecaria e que se adoptaran medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos.



Na sesión, a compañeira Elena Casal, da Plataforma “Stop Desafiuzamentos” interveu en apoio destas mocións, en razón á gravidade social deste problema.